Skip to Content

BENVIDA

Aviso: Publicación das listaxes definitivas das axudas de material

Dende hoxe estarán dispoñibles na entrada do IES de Mos as listaxes coas persoas que van recibir as axudas para material escolar da Xunta de Galicia.

Os vales poderán retirarse  en setembro.

Listaxes provisionais das solicitudes de material escolar

Dende hoxe  estarán na entrada principal do IES de Mos as listaxes provisionais  das solicitudes do material escolar para o curso 22-23.

As familias  excluídas disporán do prazo de dous días para facer as súas reclamacións.

O día 22 publicarase a listaxe definitiva.

 

 

Alumnado de 1º ESO de centros adscritos

Queremos recordarlle ó alumnado de 1º ESO procedente de centros adscritos que ten que presentar a matrícula entre o 1 de xullo e o 10 de xullo. O horario é de 9:00 a 14:00.

Listaxe dos libros de texto para o curso 22-23

Adxunto listaxe de libros de texto  do vindeiro curso.

Prestar especial atención ás observacións (moitos deles non hai que mercalos ata falar co profesor/a da materia  a comezo de curso

 

Período de matriculación

O período de matriculación será do 1 ó 10 de xullo.

As familias poderán acudir ó centro das 09:00 ás 14:00. 

Documentación a entregar para o alumnado novo e o alumnado que pasa de 1º a 2º BACH

Alumnado novo e alumnado que pasa de 1º a 2º bacharelato teñen que traer a documentación que está recollida na imaxe adxunta para poder formalizar o proceso de matrícula do curso 22-23.

Visita a nosa biblioteca

Se queres coñecer a nosa biblioteca preme neste enlace. Abrirase un vídeo onde poderás descubrir unha chea de oportunidades e actividades. Atrévete!

Tamén te animamos a que premas nos enlaces do menú dereito, pois atoparás o acceso ó blog da biblioteca, poderás facer suxestións  de compra e compartir as túas dúbidas. Esperámoste!

Calendario de exames da convocatoria extraordinaria de Bacharelato.

Achégase o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de Bacharelato.

Aberto o prazo para solicitude do fondo libros e material escolar

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)

O prazo de presentación das solicitudes remata o 22 de xuño

Acceso ao DOG

Distribuir contido


by Dr. Radut