O centro
Familias
Iniciar sesión
Resultado da enquisa: Gestión emocional en la adolescencia
admin — Mar, 2023-05-23 12:08
A enfermeira do Centro de saúde de Mos Inés Alonso levou a cabo unha enquisa en 1º e 2º Bacharelato.
A análise de dita enquisa permite extraer os resultados que poderán ler no documento anexo
DOCUMENTACIÓN PREMATRÍCULA ABAU CONVOCATORIA ORDINARIA E INSTRUCIÓNS NERTA
admin — Mér, 2023-05-17 11:06
Nos adxuntos está a documentación que tedes que cubrir e entregar na secretaría do centro. Tamén as instrucións da aplicación NERTA.
Procedemento de Reclamación ás cualificacións finais 2º Bacharelato
admin — Mar, 2023-05-16 18:42
EN FICHEIRO ADXUNTO DESCRÍBESE O DESENVOLVEMENTO DO PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO.
PREMATRÍCULA ABAU
admin — Lun, 2023-05-15 09:18
Entre o xoves 18 e o luns 22 de maio, o alumnado de 2º bacharelato deberá prematricularse nas probas ABAU na secretaría do instituto. Tedes a información sobre a documentación que tedes que traer no documento adxunto.
INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO
admin — Xov, 2023-05-04 12:34
Datas de celebración das probas de nivel lingüístico:
A- Reading & Writing.
20 de maio ás 10h. Todo o alumnado deberá presentarse no centro ás 09h30'
B- Speaking & Listening: días 13 e 14 de xuño. Informaremos ao alumnado inscrito da orde de intervenciónn nas mesmas.
Adxuntamos un arquivo con información de interese para a preparación das probas.
AVISO: Monbús
admin — Ven, 2023-03-31 07:18
O servizo de transporte escolar de Monbús hoxe pola mañá non puido sair a facer o seu servizo.
Non temos máis novas, en canto as teñamos seguiremos informando.
IES de MOS
PROCESO DE ADMISION CURSO 23-24. AVISO PARA SOLICITUDES DE ALUMNADO PROCEDENTES DE CENTROS NON ADSCRITOS
admin — Lun, 2023-02-27 11:16
ADMISIÓN DE SOLICITUDES PARA O CURSO 2023/24
Para alumnado procedente de centros non adscritos
Prazo de presentación das solicitudes: do 1 ao 20 de marzo
Procedemento de presentación das solicitudes:
- 1. Poderanse presentar no propio centro cubertas a man ou as realizadas na sede electrónica. https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
2. Na sede electrónica, https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Empregando chave 365 ou mediante certificado dixital
Documentación :
- Anexo II-bis, cuberto e asinado polo outro proxenitor.
- Fotocopia do DNI do alumno ou da folla correspondente do libro de familia.
- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno e demais membros computables da unidade familiar.
- Fotocopia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
Presentarase unha única solicitude no centro que se elixa en primeiro lugar.
A presentación de dúas solicitudes causará a perda de dereitos de prioridade que puidesen corresponderlle.
PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:
- Provisoria: 25 de abril (Prazo de reclamación de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación)
- Definitiva: 15 de maio
Documento de autorización da saída de alumnado menor de idade ao estranxeiro.
admin — Mér, 2023-02-01 08:58
DOCUMENTACIÓN IMPRESCINDIBLE PARA QUE OS MENORES DE IDADE POIDAN PARTICIPAR EN ACTIVIDADES FÓRA DE ESPAÑA.
Adxúntanse tres documentos para poder realizar o trámite de autorización de saída do alumnado menor de idade participante en actividades nas que se traslade ao estranxeiro.
Adxuntamos o modelo para presentar na Garda Civil, recomendado porque no concello de Mos non existe Comisaría da Policía Nacional.
Malia o recomendado, adxuntamos tamén o modelo e a guía do trámite para quen quixer presentarse na Policía Nacional.
Lean con atención a documentación para, no momento de o presentar, poidan realizar o trámite sen demora.
Escola de familias 22-23
admin — Xov, 2023-01-26 13:06
Este curso a nosa Escola de familias terá lugar tal e como indica o seguinte cadro
Para asistir a ditas charlas deberán cubrir o seguinte formulario
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »