Skip to Content

PARABÉNS AOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS!!!!

PARABÉNS A TODOS!!!

PLENO EN SELECTIVIDADE: 100% DE APROBADOS NAS LISTAXES PROVISIONAIS DE XUÑO

Roteiro Rosaliano: Fotos da saída

Xa podesde ver as fotos da saída polo Roteiro Rosaliano!!!

Correlingua 2017: Fotos

Xa podedes acceder ás fotos do Correlingua!!!

 

 

FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2017: listaxes definitivas

Listaxes definitivas Axudasle: 

1º BACH

2º BACH

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

Pódense consultar tamén en : 

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Performance dos alumnos de 1º Bach. Artes en Vigo

Os nosos alumnos de 1º Bach. Artes, dentro do Contrato Programa para a Excelencia que se ven desenvolvendo ao longo deste curso, foron os protagonistas dunha performance que se levou a cabo na Galería PM8 de Vigo este pasado martes 30. O traballo estivo guiado pola artista Loreto Martínez Troncoso e o impulsor do programa e profesor do centro Ramón Souto.

Podedes ver unha pequena mostra premendo aquí, buscando o programa ZIG ZAG do día 2 de xuño a partir do minuto 11.

Parabéns a todos os artistas!!!

Graduación dos nosos alumnos de 2º BACH

Hoxe os nosos alumnos de 2º Bach graduáronse nunha ceremonia celebrada no Multiusos de Mos e no Ies. Felicidades de parte de toda a comunidade educativa e... adiante cara ao voso futuro, que está a esperarvos máis aló do IES!!! 

Aquí vos deixamos un enlace con máis fotos.

 

Obradoiro de escenografía da ESAD: creación de máscaras

Tivemos o mércores a sorte de desfrutar dun obradoiro da ESAD no noso centro. As profesoras Chus e María ensináronnos como facer máscaras!!! Todo un luxo...

 

 

Moitas grazas e esperamos volver a vervos pronto.

Convocatoria Fondo Solidario Libros de Texto

No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Anexo.

Valencia 2017: viaxe de 4º ESO

Aquí deixamos un enlace para que podades desfrutar coa memoria da viaxe a Valencia.

E alén das nosas fronteiras imos facendo patria:

https://m.facebook.com/centronauticogandiasurf/photos/a.201229233259632.47847.201214899927732/1282483381800873/?type=3&source=54 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut