O centro
Familias
Iniciar sesión
NOTA INFORMATIVA PARA O ALUMNADO DE 2º BACHARELATO: PROMOCIÓN E RECLAMACIÓNS
Anónimo — Mar, 2021-05-18 12:58
No ficheiro adxunto ou nesta ligazón pode consultarse información relevante para o alumnado de 2º de Bacharelato que promocione na convocatoria ordinaria de maio.
Asimesmo adxúntase a Orde que regula o dereito a unha avaliación obxectiva e os modelos de reclamación para o alumnado ou os seus titores legais.
O Equipo Directivo
Acollida ao alumnado dos colexios adscritos
Anónimo — Lun, 2021-04-26 13:59
Ao longo da semana pasada leváronse a cabo visitas informativas aos colexios adscritos ao noso Centro:
A cada un dos centros levamos, acompañados polo noso orientador e por algún membro do equipo directivo, a tres ex-alumnos e alumnas dos mesmos. Hoxe san están no Bacharelato, perohai tan so cinco cursos estaban a vivir as mesmas inquedanzas que os rapaces e rapazas de primaria.
Entre todos e todas tentamos resolver dúbidas, calmar inquedanzas e animar aos nenos de primaria para que o cambio sexa máis levadeiro.
Quedamos emprazados para a semana do 24 de maio. Cada día desa semana visitaránnos os nenos e nenas dun dos coles. Percorrerán o noso Centro e seguirán a aclaran as dúbidas que persistan.
Agardamos que cando chegue o mes de setembro a transición sexa agradable.
Moitas grazas aos coles e ao seu profesorado, que nos acolleron dun xeito marabilloso.
Publicación listaxes provisionais alumnado admitido curso 21-22
Anónimo — Lun, 2021-04-26 10:41
As listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2021/2022 no IES de MOS poden consultarse presencialmente no taboleiro do centro ou na plataforma da consellería admisionalumnado.
Diagnose sobre convivencia
Anónimo — Ven, 2021-04-23 06:59
Dende a Administración demándanos que participemos nunha enquisa sobre a convivencia no noso Centro.
O prazo para cubrir dita enquisa remata o día 29 de abril
O enlace para as familias é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/convfamil
Agardamos a súa colaboración.
Moitas grazas e un saúdo
información do Concello de Mos sobre Educación emocional para as familias
Anónimo — Mér, 2021-04-07 11:43
Dende o Concello de Mos infórmannos:
O próximo 8 de Abril vaise levar a cabo, online a través de plataforma dixital, unha charla sobre o Impacto emocional da Covid-19 na poboación infantil e adolescente.
Esta actividade está organizada en colaboración co Psicólogo Daniel Novoa, con ampla experiencia. É preciso inscribirse, chamando o 986 339 404 ou enviando un mail a educa@concellomos.es, para o día anterior facilitarlle as familias o enlace a plataforma dixital para a charla.
II Certame de relato histórico
Anónimo — Lun, 2021-03-15 11:31
ESte ano convócase o II Certame Relato Histórico IES de Mos.
Organizan o certame os departamentos de Ciencias Sociais, Lingua Galega, o Equipo de Normalización Lingüística e a ANPA do IES de Mos.
Hai tres categorías para participar:
- 1º, 2º e 3º da ESO
- 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato
- persoas adultas
Os premios son diferentes vales para mercar na libraría Arte e Ciencia de Mos, un diploma acreditativo, un rolo de papel hixiénico de proximidade dedicado e un libro da Historia de Mos para cada autor ou autora galardoada.
Os orixinais pódense enviar ata o 18 de abril ao correo: certamerelatoiesdemos@gmail.com
Na semana das Letras Galegas, publícaranse as obras vencedoras.
ADMISIÓN CURSO 2021-2022
direct — Mér, 2021-03-03 14:39
No documento adxunto a esta publicación ou nesta ligazón poden consultarse as condicións para a admisión de novo alumnado no IES de MOS. Asimesmo, poden consultarse as instrucións no portal oficial da Consellería de Educación.
Lémbrase que o prazo para solicitar a admisión remata o 22 de marzo.
Mos pola igualdade: Vídeos Tik Tok
Anónimo — Xov, 2021-02-25 12:49
O Concello de Mos organiza un concurso de vídeos na aplicación de TikTok con motivo do 8 de Marzo.
Toda a información na páxina do Concello e en: https://www.mos.es/inscricion-e-bases-mos-pola-igualdade-certame-tiktok
Moitas grazas
Concurso: Facéndoche as beiras
Anónimo — Mar, 2021-02-09 12:26
Bases do
I CONCURSO DE MENSAXES DE AMOR
FACÉNDOCHE AS BEIRAS
- O concurso está organizado polo EDLG e a Biblioteca do IES de Mos
- As mensaxes poden estar acompañadas dunha imaxe. Deberán estar escritas en lingua galega e ser orixinais e inéditas.
- O concurso está aberto a todo o alumnado do IES de Mos.
- A extensión das mensaxes será de 50 palabras como máximo.
- A temática estará centrada no amor.
- Haberá tres categorías:
- 1º Ciclo: 1º e 2º da ESO
- 2º Ciclo: 3º e 4º da ESO
- Bacharelato: 1º e 2º Bacharelato
7. Premios:
- 1º Ciclo: vale de de 30 € na librería Arte e Ciencia
- 2º Ciclo: vale de de 30 € na librería Arte e Ciencia
- Bacharelato: vale de de 30 € na librería Arte e Ciencia
8. As mensaxes presentaranse ou ben, etiquetándoas na conta de Instagram do EDLG @edlg_mos co #facendocheasbeiras, ou a través do correo electrónico edl.iesdemos@gmail.com.No caso de empregar o correo electrónico, a mensaxe e a imaxe deberán ser entregadas nun ficheiro adxunto en forma de PDF.
9. O prazo de presentación das mensaxes comezará unha vez publicadas estas bases e rematará o 28 de febreiro do 2021.
10. O xurado estará formado polos membros do EDLG e a Biblioteca do IES de Mos e teranse en conta os "gústame" que teña a publicación no Instagram.
11. O xurado resérvase o dereito a desestimar toda aquela mensaxe que, baixo o seu xuízo, vulnere o respecto á dignidade da persoa, sexa discriminatorio, xenófobo, racista, pornográfico, ou que atente contra a xuventude e infancia.
12. A participación neste concurso leva implícita a aceptación destas bases e o veredicto do xurado.
Organizan: EDLG do IES de Mos
Biblioteca IES de Mos
Formación para as familias
Anónimo — Mér, 2021-01-20 10:07
Estimada Comunidade Educativa do IES de Mos:
Na nosa solicitude do Contrato-Programa deste curso 2020-2021 solicitamos a liña 01.c: Mellora das competencias clave. Competencias básicas en TICs
Un dos obxectivos que establecimos foi:
"Desenvolver habilidades tecnolóxicas nas familas, alumnado e persoal non docente"
Neste contexto a idea é proporcionar formación ás familias que o soliciten nas seguintes temáticas:
- Instalación da aplicación Abalar coa que poder ver os resultados académicos dos seus fillos e fillas, porse en contacto co titor/a dos seus fillos/as, concertar citas co profesorado que inflúe na formación dos seus fillos/as...
- Respostas sobre a chave 365 (imprescindible para porse en contacto coa Administración): para que serve, onde obtela e como empregala
- Enviar un correo electrónico e adxuntar en dito correo un correo adxunto.
A idea é facilitar a formación precisa para establecer contacto con nós a pesar da situación que estamos a vivir.
Dita formación desenvolverase no IES de Mos e é totalmente gratuita.
Todas aquelas persoas que estean interesadas pode pórse en contacto co IES de Mos.
Un saúdo
A Dirección do IES de Mos
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »