O centro
Familias
Iniciar sesión
Solicitude para a recepción de mascarillas
Anónimo — Lun, 2020-11-16 13:09
Estimadas familias adxuntamos archivos para solicitar a entrega de máscaras no IES financiadas pola Xunta de Galicia.
Deberán solicitalas todas aquelas familias que non tiveron axuda de material escolar e cumpran cos seguintes requisitos:
- pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6000 euros
- alumnado matriculado en educación especial
- alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%
O prazo para presentar as solicitudes de xeito presencial no noso Centro comeza hoxe día 16 de novembro e remata o día 27 de novembro.
Adxuntamos a orde do 6 de novembro e os anexos
Eleccións ao Consello Escolar. Constitución da Xunta Electoral
Anónimo — Xov, 2020-10-15 08:57
No marco da renovación do Consello Escolar e en consonancia coa normativa vixente (artigo 30 Decreto 92/1988 polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario) anúnciase que, para a Constitución da Xunta Electoral terá lugar un sorteo público no IES de MOS ás 10:15 horas do día 15 de outubro de 2020 no que se designarán un membro (coa correspondente suplencia) dos seguintes colectivos: profesorado; pais/nais/titores, alumnado e persoal de administración e servizos.
Unha vez constituída a mesa, esta será a encargada de concretar o calendario electoral, que será publicado vía web e comunicado por abalarmobil.
Aviso protocolo uso da biblioteca do IES de MOS
Anónimo — Mar, 2020-10-13 12:05
Adxunto o "protocoloco para uso da biblioteca do IES de Mos"
AVISO: transporte escolar de bacharelato
Anónimo — Ven, 2020-09-25 12:30
Estimadas familias:
Sinto comunicarlles que:
- Na empresa de Monbús, na liña 2 (Comeza en Bar Baloutas e remata en Florida-panaderia)
- Na empresa de Lucho, na liña 7 (comeza en Cabaleiros e remata en Trastienda-Mos)
Non quedan prazas de autobús vacantes.
Por este motivo poden ver no documento adxunto a solicitude de transporte do Concello de Mos e a listaxe da paradas e das rutas tendo en conta os seguintes datos:
- pode haber novas paradas (que teredes que solicitar no IES de Mos)
- Se facedes en ABANCA a tarxeta "xente nova" teredes viaxes gratuitas
Sentimos as molestias causadas
Trateremos (a maior brevidade posible) de ir comunicando aos alumnos e alumnas de bacharelato das demáis liñas a súa inclusión ou non na aplicación para que poidan viaxar no Transporte escolar da Xunta.
Un saúdo
A Dirección do IES de Mos
HORARIOS 20 - 21
Anónimo — Xov, 2020-09-24 12:23
Na seguinte ligazón poden consultarse os horarios dos grupos para o curso 20 - 21. Teñen un carácter provisional e comunicaranse os posibles cambios.
* A orde do documento é: 1º ESO, 1º BACH, 2º ESO, 2º BACH, 3º ESO, 4º ESO
A Dirección do centro
PROXECTO EDIXGAL
Anónimo — Mér, 2020-09-23 10:15
Transporte do alumnado. Procedemento de entrada e saída do IES de Mos. Curso 2020-2021
Anónimo — Mar, 2020-09-22 15:26
22/09/20 15:01:38
Á atención dos pais, nais e titoras e titores legais do alumnado do IES de Mos.
A seguir, descríbese o procedemento para organizar as entradas e saídas do alumnado do IES de Mos.
A_Procedemento de actuación para o alumnado transportado por
Autocares Lucho
Entradas.
Todos os autobuses aparcarán na porta da parte traseira do instituto.
Cando un autobús se baleire, outro abrirá as súas portas e así sucesivamente para facilitar a entrada e evitar aglomeracións.
Saídas.
1. Autobuses que aparcarán na Porta dianteira do instituto:
-
Liña 1 (Curuxeira)
Liña 3 (escola Torroso)
Liña 2 ( Casa Balado)
Liña 4 (Gándara/Dornelas).
2. Autobuses que aparcarán na Porta traseira do instituto:
-
Liña 5 (casa Gallardo)
liña 7 ( Cabaleiros)
Liña 6 (Outeiriño/Iglesia)
B_Procedemento de actuación para o alumnado transportado por
Monbus.
Todos os autobuses de Monbus, tanto nas entradas coma na saídas, aparcarán na parte dianteira do instituto.
Cando un autobús se baleire, outro abrirá as súas portas e así sucesivamente para facilitar a entrada e evitar aglomeracións.
C_Procedemento de actuación para o alumnado transportado polas súas
familias.
O alumnado que acoda ao instituto en coche particular deberá entrar no centro pola
porta traseira. Por este motivo, os coches deberán aparcar na explanada, entre
o instituto e o pavillón. Non deberán, baixo ningunha circunstancia, ocupar os lugares
reservados para os autobuses nin deterse nas mesmas ou en fronte. O lugar será a
explanada. As aglomeracións, retrasos e situacións de inseguridade teñen que ser
evitadas.
Contamos coa colaboración de todos.
AVISO IMPORTANTE: O alumnado deberá sentar sempre nos mesmos asentos e extremar as medidas de seguranza.
Xurxo Collazo Saavedra.
Director do IES de Mos.
Comezo do curso 2020-21 Aclaración importante ACTUALIZACIÓN: GRUPOS DE ALUMNADO.
Anónimo — Ven, 2020-09-18 16:51
Actualización: grupos de alumnado curso 20-21:
Premer no link para acceder ás listaxes de cada nivel:
A data de inicio do curso é o luns 28 de setembro.
Nos días das presentacións, o alumnado abandonará o instituto ao rematar as mesmas ás 12h30'.
Saúdos
IES de Mos
Horario das presentacións do alumnado do IES de Mos
Anónimo — Ven, 2020-09-18 13:58
Cumprindo as instrucións da Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional, publícase o horario das presentacións do alumnado.
As presentacións comezarán ás 11h e rematarán ás 12h30'.
Os autobuses estarán operativos
Mércores, 23 de setembro:
1º de Bacharelato.
2º da ESO.
1º de ESO
Atención; os pais, nais e titores legais dos alumnos e alumnas de 1º de ESO están convocados a unha reunión a celebrar no IES de Mos co seguinte HORARIO:
Grupos A,B e C: ás 17h do mércores 23 de setembro.
Grupos D,E e F : ás 18h do mércores 23 de setembro.
Antes do mércores publicaranse as listaxes dos grupos para que todos saiban cal é o seu.
Xoves, 24 de setembro:
3º da ESO.
2º de Bacharelato.
Venres, 25 de setembro:
4º da ESO.
AVISO IMPORTANTE:
Todo o alumnado deberá utilizar adecuadamente a máscara de protección, deberá extremar as precaucións e cumprir estritamente o protocolo sanitario vixente.
En todo momento, o alumnado deberá atender os requerimentos dos profesores e profesoras así como o do persoal non docente.
Moitas grazas.
Xurxo Collazo Saavedra.
Director do IES de Mos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »