Skip to Content

LISTADO DEFINITIVO DE BECADOS POLO MINISTERIO

Bos dias,
 

Por indicación da Subdirección Xeral  de becas do Ministerio informamos do seguinte a efectos de difusión aos interesados:

 

Onte publicáronse na páxina  web do Ministerio os listados definitivos de becarios da convocatoria xeral do actual curso 2015/16. Pódese acceder dende o seguinte enlace: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato/becas-generales-no-universitarias.html

 

Por conseguinte, o  prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o 10 de maio e finaliza o 9 de xunio de 2016.

 

No obstante, como en anos anteriores, enviamos os listados de beneficiarios por centros educativos aos efectos que estimedes oportunos. A publicación destes listados pola vosa parte  (que este año é voluntaria) non modificará en ningún caso o prazo para a presentación de recursos, que é o que os indicamos no parágrafo anterior.

 

Un saúdo

CONVOCADOS OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CURSO 2015/2016

Xúntase a Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016.

 

ORDE DO 11 DE ABRIL

EXTRACTO DA ORDE DO 11 DE ABRIL

ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016-2017

Finalizado o proceso de solicitude de admisión de alumnado para o curso 2016-17, procédese á publicación das listas de admitidos.
No arquivo adxunto poden comprobar a relación de admitidos. Caso de detectar algún erro, por favor, contactar coa dirección do centro.

CURSOS DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 28 de marzo a Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
 
 
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

Información ás familias sobre os cuestionarios do Fondo Social Europeo

Información ás familias sobre os cuestionarios que farán os alumnos de ensinanzas cofinanciados polo Fondo Social Europeo ( 3º ESO y 4º Diversificación curricular) e a autorización que deben asinar para os alumnos menores de idade.

PARABÉNS ÁS NOSAS EXCELENTES!!!

Felicidades as alumnas Betty Cortiñas Lorenzo e Iria Castro Pérez que remataron Bacharelato o curso pasado. A Universidade de Vigo acaba de premialas nos seus "Premios de Excelencia Académica". Moi merecidos, sen dúbida!!

Parabéns ás dúas!!!

BECAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA

Noraboa ás nosas alumnas Iria Cruz Lago e Sofía Domínguez Álvarez, xa que o próximo curso o farán en Norteamérica grazas á Fundación Amancio Ortega.

Sodes unhas campeonas!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut