Skip to Content

Libros de texto curso 2016-2017

PROXIMAMENTE

LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2016-2017. Pode pinchar no curso correspondente ou ir ao adxunto.

1º ESO 2016-2017*

2º ESO 2016-2017**

3º ESO 2016-2017*

4º ESO 2016-2017**

1º BACH 2016-2017

2º BACH 2016-2017

*Recomendamos ao alumnado de 1º e 3º da ESO solicitante das axudas de FONDOLIBROS/AXUDASLIBROS non mercar os libros ata a publicacación das listas definitivas, prevista para o día 15 de setembro.

**Recomendamos ao alumnado de 2º e 4º solicitante das axudas de FONDOLIBROS/AXUDASLIBROS estea pendente da páxina do IES onde informaremos da data a partires da cal poderan recollelos cheques de axudaslibros.

SETEMBRO 2016. INSTRUCIÓNS

SETEMBRO 2016

  XOVES, 1 E VENRES, 2:

 EXAMES  ESO E BACHARELATO

              (SEGUNDO O HORARIO ADXUNTO)             

 LUNS, 5: 

 12:00 H.         ENTREGA NOTAS  2º BACHARELATO

 RECLAMACIÓNS:  5 E 6 SETEMBRO ATA AS 14:00 H.

 MARTES, 6:

              12:00 H.         ENTREGA NOTAS ESO E 1º BACHARELATO

RECLAMACIÓNS:  6 E 7 SETEMBRO ATA AS 14:00 H

AS NOTAS DO ALUMNADO QUE NON VEÑA RECOLLELAS DEIXARANSE NA CONSERXERÍA

 

 MARTES, 6  AO  LUNS, 12 (INCLUÍDO), DE 9:30 A 13:00 H.:

 

PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA

 

(PARA O ALUMNADO QUE NON APROBASE TODO EN  XUÑO)

 

MOI IMPORTANTE: O ALUMNADO DE 3º ESO, 4º ESO E BACHARELATO QUE REPITA CURSO DEBE PASAR POLA XEFATURA DE ESTUDOS.

 MOS, 1 DE XULLO DE 2016

  XEFATURA DE ESTUDOS

COMEZO DE CURSO 2016-2017

IES DE MOS

COMEZO DO CURSO ACADÉMICO 2016-17

XOVES, 15  SETEMBRO

12:00 H.: PRESENTACIÓNS 1º E 2º ESO

VENRES, 16  SETEMBRO

12:00 H.: PRESENTACIÓNS 3º E 4º ESO E BACHARELATO

LUNS, 19  SETEMBRO

8:30 H.: COMEZO DAS CLASES

 

MOS, 1 XULLO 2016

XEFATURA DE ESTUDOS

ENTREGA DE NOTAS XUÑO

AS NOTAS ENTREGARANSE O LUNS 27 DE XUÑO ÁS 12:00 H.

NON HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR.

LEMBRADE DEVOLVER TÓDOLOS LIBROS NON ENTREGADOS DE FONDOLIBROS (2º E 4º ESO) E DE AXUDASLIBROS (1º E 3º ESO) QUE ESTÉN PENDENTES. LEMBRADE QUE PODEDES CONSULTAR CALES TENDES QUE DEVOLVER NO XUSTIFICANTE DA XUNTA ENTREGADO A PRINCIPIO DE CURSO POLO CENTRO OU NO XUSTIFICANTE DA LIBRERÍA.

SE QUEREDES PODEDES DOAR OS MERCADOS SEN AXUDA.

LISTAXES PROVISIONAIS DE SELECCIONADOS E SUPLENTES DAS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016.

NOTA INFORMATIVA DO 6 DE XUÑO

 Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes das AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016.

Unha vez rematado o prazo indicado na nota informativa do 16 de maio, de recepción da documentación requirida ás persoas solicitantes e de atención das reclamacións, publícanse as listaxes indicadas no artigo 14.3 da Orde de convocatoria.

Poden consultalas aquí.

 

GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO: PARABÉNS!!!!

 

O pasado xoves 26 de maio celebramos a graduación dos nosos cumpridos estudantes de 2º de Bacharelato, que despois dun curso moi duro tiveron o seu merecido acto de despedida. Profesores, familiares, amigos, pero sobre todo os alumnos e alumnas, tomaron protagonismo nun evento tan sinalado.

O entrega de diplomas, de mans dos seus profesores, celebrámola no Multiusos de Mos, lugar que xa dende hai uns anos o Concello cédenos para albergar a graduación.  A segunda parte, a gastronómica, coma sempre, celebrouse no Ies.

O acto, ao que acudiron como invitados a alcaldesa Nidia Arévalo e máis a concelleira Julia Loureiro, estivo presidido pola directora do IES de Mos, Begoña Villalón. Nel interviron a titora de 2º Bach B, Susana Casal, que dirixiu unhas palabras ao conxunto dos estudantes e máis ás familias que lles acompañaban; a Anpa, representada por Óscar Mariño, que animou ao alumnado cara á nova etapa que comeza; e como non podía ser doutra maneira os propios estudantes: o alumnado de 1º de Bacharelato agasallou aos graduados con dúas cancións, dirixidas pola profesora Ana Vidal Tres alumnos de 2º de Bacharelato (Anxo Cabaleiro, Laura Lorenzo e Gema González) ademáis de participar acompañando ao coro, fixeron pola súa banda unha intervención musical. O alumnado interveu lembrando momentos importantes da súa traxectoria no IES, que quedou retratada na presentación do profesor Julio Banga, na que apreciamos a evolución desta xeración ao longo dos seis anos que estiveron connosco. 

Noraboa a todos eles e moito ánimo na preparación da selectividade… Xa queda menos!!!!

Tendes unha foto a continuación e máis nos adxuntos...aínda que non están todos os que son...

 

GRÁFICAS DE POBOACIÓN DE MOS. O ALUMNADO DO IES ANALIZA A SÚA CONTORNA

Adxuntamos un interesante traballo levado a cabo na materia de Xeografía por dúas alumnas de 2º de Bacharelato. Esta práctica é un estudo da poboación do municipio de Mos. O traballo permitiu analizar a contorna a través das ferramentas de estudo da xeografía humana.

Esperamos que vos guste.

 Gráfica

Comentario 1

Comentario 2

ROTEIRO ROSALIANO: O IES DE MOS ACHÉGASE A ROSALÍA DE CASTRO

Os nosos alumnos visitaron hai uns días as terras de Rosalía de Castro, achegándose a súa figura a través da paisaxe que ela habitou.

O IES DE MOS VISITA O ROTEIRO ROSALIANO

Un saúdo 

O CORRELINGUA 2016...TAMÉN NO IES DE MOS

Se queredes ver unha pequena participación do Ies de Mos no Correlingua 2016... premede no enlace!!!!

IES MOS NO CORRELINGUA 2016

Un saúdo

 

CONVOCATORIA FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

No DOG do 16 de maio publicouse a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

  • A participación no Fondo de libros está destinada ao alumnado matriculado en 1º e 3º de ESO no curso 2016-17
  • As axudas para adquirir libros de texto van dirixidas ao alumnado matriculado en  2º e 4º de ESO no curso 2016-17
  • As axudas para material escolar van dirixidas a todo o alumnado de ESO.

No adxunto poden consultar as instrucións para cubrir o formulario.

 
O prazo para presentar as solicitudes abranguerá dende o 18 de maio ata o 23 de xuño
 
Distribuir contido


by Dr. Radut