Skip to Content

ANPA

ESCOLA DE FAMILIAS

UN ANO MÁIS O IES DANOS A POSIBILIDADE DE SEGUIR EDUCÁNDONOS NA LABOR DE SER NAIS E PAIS, POÑENDO A NOSA DISPOSICIÓN ESTAS XORNADAS CUNS CONTIDOS MOI VARIADOS E INTERESANTES.

ESTATUTOS

TAL E COMO SE ACORDOU NA REUNIÓN DO VENRES, 2 DE DECEMBRO,  QUEDAN Á DISPOSICIÓN DOS MEMBROS DA ANPA, POR ESTE MEDIO DE COMUNICACIÓN, OS NOVOS ESTATUTOS POLOS QUE SE REXIRÁ  A ASOCIACIÓN ATA QUE  POLOS MOTIVOS QUE O REQUIRAN SE TEÑA QUE PROCEDER A UNHA NOVA RENOVACIÓN

CURSO 2022/2023

UN ANO MÁIS TEMOS COMEZADO O CURSO APOIANDO E  BUSCANDO SOLUCIÓNS AO QUE VAI XURDINDO NO DÍA A DÍA DO NOSO ALUMNADO NO INSTITUTO.

 

SETEMBRO 


ESTE CURSO, QUE XA SE CONTABA COA VOLTA A NORMALIDADE, VOLTAMOS A COMEZAR CON CERTOS INCONVINTES:

O ALUMNADO PROCEDENTE E EMPADROADO EN "O PORRIÑO" QUEDOU SEN A POSIBILIDADE DE EMPREGAR O SERVICIO DE TRANSPORTE ESCOLAR COMO VIÑA FACENDO DENDE A APERTURA DO IES, POR UN REAXUNTE NO NÚMERO DE AUTOBUSES.

DENDE O ANPA   XESTIONOUSE A POSIBILIDADE DE FACER UN SERVIZO PARTICULAR PARA ESTAS RAPAZAS E RAPACES CON UN CUSTO ASUMIBLE POLAS FAMILIAS, DO QUE TAMÉN SE ESTÁ A FAVORECER O ALUMNADO DE BACHARELATO PRÓXIMO A ESTA ZONA. 

POR OUTRA BANDA VOLTOUSE AO HORARIO DE XORNADA PARTIDA OS LUNS, NESTE CASO ESTAMOS APOIANDO AO EQUIPO DIRECTIVO NA BÚSQUEDA DUNHA SOLUCIÓN PARA VOLTAR AO HORARIO CONTINUADO, POIS CO DISPERSA QUE É A POBOACIÓN NO NOSO  CONCELLO HAI RAPACES E RAPAZAS QUE APENAS DISPOÑEN DE 15 MINUTOS PARA XANTAR. 

 

NOVEMBRO

COMO XA VEN SENDO HABITUAL COLABOROUSE NA CELEBRACIÓN DO MAGOSTO APORTANDO AS CASTAÑAS E COLABORANDO NO SEU ASADO.

 

 

ASAMBLEA

ASAMBLEA XERAL

ESTE VENRES, DÍA 13 DE MAIO, TERÁ LUGAR A UNHA ASAMBLEA XERAL NO MULTIUSOS DAS POZAS ÁS 20:00.

ORDE DO DÍA:

1-PROBLEMAS COA EMPRESA DE TRANSPORTE MONBUS.

2-EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 4º DA ESO.

MOITAS GRAZAS POLA TÚA PARTICIPACIÓN.

A EDUCACIÓN DO ALUMNADO É TAREFA DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

FOLLA DE INSCRICIÓN

AVISO:

TEMOS CAMBIADO A CUOTA DE SOCIO, O SEU CUSTO A PARTIRES DO PRÓXIMO CURSO SERÁ DE 15 EUROS.

FELICITACIÓN DE NADAL

Dende a ANPA, un ano máis, queremos desexarlle a toda a Comunidade Educativa do IES que pasen unhas moi FELICES FESTAS.

Que sexan unhas datas cheas de ledicia para todos e que as vivamos tendo presente as medidas necesarias para que o día 10 poidamos estar onde nos corresponde sin cuarentenas nin malestares.

Confiamos en que no 2022 entre vacinas e responsabilidade poidamos convivir con este virus que tanto lle leva restado as nosas vidas e en especial as dos nosos fillos e fillas.

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

CHEQUE LIBROS

 

 

Estimadas socias e socios do anpa:

 Queremos comunicarlles que debido ao peche perimetral  decidimos aumentar o prazo para poder canxear o vale  dos 6 euros para mercar  libros ata o 28 de febreiro  do 2021,  nas mesmas librarías que alí constan.

 

FELICES FESTAS!!!

     A pequena gran familia da ANPA do IES de MOS quere achegarse aos vosos fogares nestes días tan especiais, para desexarvos que pasedes unhas ledas festas, ainda que diferentes para a meirande parte de nós. 

        Temos que ter unha actitude positiva e confiar en que o ano entrante permítanos espertar deste gran pesadelo e poidamos ir recuperando as nosas vidas cheas de conversas, apertas,..... Que os nosos fillos e fillas poidan voltar a relacionarse cos seus iguais para que medren sans socialmente, pois son o noso futuro.

    Aproveitamos tamén para invitarvos a formar parte desta nosa familia do ANPA para que siga medrando e colaborando co equipo educativo do IES no beneficio do alumnado.

 

 

 

 

 

MASCARILLAS

Neste curso tan excepcional, dende a anpa decidimos colaborar co alumnado socio no seu día a día aportándolle unha mascarilla. Confiamos en que sea do voso agrado e lle déades bo uso.

Por si alguén desexa mercalas o seu custo é de 5 euros coa caixiña e 3,5 si se precisa só a mascarilla.

Aquí podedes ler as suas condicións:

 

 

O modelo é o seguinte e a caixa portadora haina en varias cores

Distribuir contido


by Dr. Radut