O centro
Familias
Iniciar sesión
ANPA
FELICITACIÓN DE NADAL
anpa — Ven, 2021-12-24 12:22
Dende a ANPA, un ano máis, queremos desexarlle a toda a Comunidade Educativa do IES que pasen unhas moi FELICES FESTAS.
Que sexan unhas datas cheas de ledicia para todos e que as vivamos tendo presente as medidas necesarias para que o día 10 poidamos estar onde nos corresponde sin cuarentenas nin malestares.
Confiamos en que no 2022 entre vacinas e responsabilidade poidamos convivir con este virus que tanto lle leva restado as nosas vidas e en especial as dos nosos fillos e fillas.
CHEQUE LIBROS
anpa — Ven, 2021-02-05 08:38
Estimadas socias e socios do anpa:
Queremos comunicarlles que debido ao peche perimetral decidimos aumentar o prazo para poder canxear o vale dos 6 euros para mercar libros ata o 28 de febreiro do 2021, nas mesmas librarías que alí constan.
FELICES FESTAS!!!
anpa — Xov, 2020-12-24 21:34
A pequena gran familia da ANPA do IES de MOS quere achegarse aos vosos fogares nestes días tan especiais, para desexarvos que pasedes unhas ledas festas, ainda que diferentes para a meirande parte de nós.
Temos que ter unha actitude positiva e confiar en que o ano entrante permítanos espertar deste gran pesadelo e poidamos ir recuperando as nosas vidas cheas de conversas, apertas,..... Que os nosos fillos e fillas poidan voltar a relacionarse cos seus iguais para que medren sans socialmente, pois son o noso futuro.
Aproveitamos tamén para invitarvos a formar parte desta nosa familia do ANPA para que siga medrando e colaborando co equipo educativo do IES no beneficio do alumnado.
MASCARILLAS
anpa — Xov, 2020-12-24 00:10
Neste curso tan excepcional, dende a anpa decidimos colaborar co alumnado socio no seu día a día aportándolle unha mascarilla. Confiamos en que sea do voso agrado e lle déades bo uso.
Por si alguén desexa mercalas o seu custo é de 5 euros coa caixiña e 3,5 si se precisa só a mascarilla.
Aquí podedes ler as suas condicións:
O modelo é o seguinte e a caixa portadora haina en varias cores
CONVENIO CO CONCELLO
anpa — Dom, 2020-12-06 22:34
ESTA SEMANA O NOSO CONCELLO ASINOU UN CONVENIO COA ANPA DO IES.
É UN COMPROMISO ENTRE ÁMBALAS PARTES, POLO QUE NOS DEBEMOS MANIFESTARLLES AS NOSAS PROBLEMÁTICAS PARA QUE ELES POIDAN ESTUDALAS E APORTAR RECURSOS AS NOSAS SOLICITUDES.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
NOVA HORARIO
anpa — Mér, 2020-09-16 18:49
Hoxe, no IES de Mos, estamos de celebración , tras o traballo conxunto de toda a Comunidade Educativa , Concello de Mos e outros organismo, conseguiuse o que tanto precisábamos para poñer en marcha este curso tan complicado.
Temos confirmación oficial da modificación do horario, con xornada ampliada luns e mércores e así non ter que ir os luns pola tarde o que implica menos viaxes en autobús e desprazamentos dos nosos fillos e fillas, menos riscos de contaxio.
O NOVO HORARIO:
MARTES, XOVES E VENRES: 08:30 – 14:10
LUNS E MÉRCORES: 08:30 – 15:00
Tamén se nos concederon os docentes necesarios para un axeitado funcionamento do centro.
Dende a ANPA damos as grazas a todos os que colaboraron nestas solicitudes e en especial a GRANDÍSIMA LABOR DO EQUIPO DIRECTIVO.
COMEZO DO CURSO 2020-2021
anpa — Sáb, 2020-09-12 15:10
Como xa teredes escoitado, lido,.... houbo cambios nas datas de incorporación do alumnado dos IES. A día de hoxe:
Día 23, mércores: 1º e 2º da ESO e 1º de bacharelato.
Día 24, xoves: 3º da ESO e 2º de bacharelato.
Día 25, venres: 4º da ESO.
De tódolos xeitos debemos estar moi atentos ao que vaia acontecendo nesta semana, como xa sabemos os cargos en educación teñen cambiado e pode que volten modificar as datas. O que nos transmiten é un non saber, un non poder facer, pois as modificacións nos protocolos son constantes. O que impide aos centros ter unha axeitada organización, nesta situación tan complicada.
Por outra banda, temos que estar moi pendentes da páxina WEB do noso IES, xa que é onde se van publicitando as nosas particularidades.
A día de hoxe o IES de MOS non está dotado de eses mestres, que tanto se teñen publicitado, que veñen para incorporarse ás plantillas no caso de desdobre por problemas de espazo ou de ratio e que tan necesarios son, tamén, para poder cumprir os protocolos de entrada e saída do centro.
É un comezo de curso moi complicado, polo que debemos ter paciencia e entender que dende o centro o único que se busca e velar pola saúde dos nosos fillos e fillas, polo que necesitan todo o noso apoio e comprensión.
Por favor, dende a ANPA, pedimos as familias responsabilidade, non só dentro do IES senon tamén no noso tempo de ocio, pois neste momento calquera acción non axeitada pode afectar a moita, moita xente e todos os esforzos non valerían de nada. Combatimos contra un inimigo ao que non vemos e pode que coas nosas imprudencias o transportemos a xunto desas persoas que tanto queremos, apreciamos, valoramos; principalmente aos nosos maiores e non sabemos como van respostar ante á enfermidade; polo que debemos aplicar as medidas de seguridade en todo momento: estudo, traballo lecer,....
RESPONSABILIDADE POR TI E POLOS TEUS
ABALARMÓBIL
anpa — Lun, 2020-08-10 11:51
Por si ainda non o tes lembra que na reunión que tivemos o 9 de xullo co equipo directivo solicitarónnos ás FAMILIAS:
QUE INSTALEMOS A APLICACIÓN “ABALARMÓBIL”,
para poder estar informados do que vai sucedendo ao longo do verán, qué medidas se van propoñendo, que coñezamos como se vai prantexar o novo curso,….
É o xeito máis rápido e doado de ter a información dende o minuto en que se publica, sin necesidade de estar nós pendentes, pois cada vez que hai unha nova nos chega un aviso; logo, SÍ, é responsabilidade nosa lela e levar a práctica o que se nos solicita como persoas implicadas. Neste caso concreto que estamos a vivir, intentar garantir a saúde dos nosos fillos e fillas e a de todas as persoas coas que se relacionan ao longo do día, familiares, compañeiros e compañeiras.
Aquí pódese descargar: