O centro
Familias
Iniciar sesión
FELICES FESTAS!!!
anpa — Xov, 2020-12-24 21:34
A pequena gran familia da ANPA do IES de MOS quere achegarse aos vosos fogares nestes días tan especiais, para desexarvos que pasedes unhas ledas festas, ainda que diferentes para a meirande parte de nós.
Temos que ter unha actitude positiva e confiar en que o ano entrante permítanos espertar deste gran pesadelo e poidamos ir recuperando as nosas vidas cheas de conversas, apertas,..... Que os nosos fillos e fillas poidan voltar a relacionarse cos seus iguais para que medren sans socialmente, pois son o noso futuro.
Aproveitamos tamén para invitarvos a formar parte desta nosa familia do ANPA para que siga medrando e colaborando co equipo educativo do IES no beneficio do alumnado.