O centro
Familias
![](/centros/iesmos/system/files/u55/logo-centros-graduados-er.png)
Iniciar sesión
COMEZO DO CURSO 2020-2021
anpa — Sáb, 2020-09-12 15:10
Como xa teredes escoitado, lido,.... houbo cambios nas datas de incorporación do alumnado dos IES. A día de hoxe:
Día 23, mércores: 1º e 2º da ESO e 1º de bacharelato.
Día 24, xoves: 3º da ESO e 2º de bacharelato.
Día 25, venres: 4º da ESO.
De tódolos xeitos debemos estar moi atentos ao que vaia acontecendo nesta semana, como xa sabemos os cargos en educación teñen cambiado e pode que volten modificar as datas. O que nos transmiten é un non saber, un non poder facer, pois as modificacións nos protocolos son constantes. O que impide aos centros ter unha axeitada organización, nesta situación tan complicada.
Por outra banda, temos que estar moi pendentes da páxina WEB do noso IES, xa que é onde se van publicitando as nosas particularidades.
A día de hoxe o IES de MOS non está dotado de eses mestres, que tanto se teñen publicitado, que veñen para incorporarse ás plantillas no caso de desdobre por problemas de espazo ou de ratio e que tan necesarios son, tamén, para poder cumprir os protocolos de entrada e saída do centro.
É un comezo de curso moi complicado, polo que debemos ter paciencia e entender que dende o centro o único que se busca e velar pola saúde dos nosos fillos e fillas, polo que necesitan todo o noso apoio e comprensión.
Por favor, dende a ANPA, pedimos as familias responsabilidade, non só dentro do IES senon tamén no noso tempo de ocio, pois neste momento calquera acción non axeitada pode afectar a moita, moita xente e todos os esforzos non valerían de nada. Combatimos contra un inimigo ao que non vemos e pode que coas nosas imprudencias o transportemos a xunto desas persoas que tanto queremos, apreciamos, valoramos; principalmente aos nosos maiores e non sabemos como van respostar ante á enfermidade; polo que debemos aplicar as medidas de seguridade en todo momento: estudo, traballo lecer,....
RESPONSABILIDADE POR TI E POLOS TEUS