O centro
Familias
![](/centros/iesmos/system/files/u55/logo-centros-graduados-er.png)
Iniciar sesión
AVISO: convocatoria axuda alumnos en linguas estranxeiras
Anónimo — Xov, 2022-02-03 12:16
Ante a publicación no DOG do día 31 de xaneiro, da Orde do 11 de xaneiro de 2022, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, coa petición da súa difusión entre o posible alumnado beneficiario destas axudas.
O prazo de presentación de solicitudes abarca dende o día 1 ao 28 de febreiro.
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.
Cómpre ter en conta que, no caso dos centros concertados, no referente á certificación académica (documento que, entre outros, acompañará á solicitude) en educación secundaria obrigatoria a certificación será asinada polo director ou directora do centro educativo co visto e prace da inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato, a certificación será asinada polo secretario ou secretaria do centro público no que se atope o expediente académico do alumnado e co visto e prace do director ou directora dese centro.