Skip to Content

RECOLLIDA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO

 

Segundo o artigo 22 da Orde do 9 de maio de 2018 que regula a participación no fondo solidario (DOG 21 de maio de 2018), son as persoas solicitantes as que teñen que recoller os libros e asinar o documento de entrega xerado a través da aplicación informática Fondolibros. 

Os libros recolleranse no centro no "Salón de actos", o luns día 24 no seguintes horario:

  • 1º e 2º de ESO de 15:00 a 16:45

  • 3º e 4º de ESO de 16:45 a 18:00

En caso de non pode asistir, poderán autorizar a unha persoa para recoller dito documento para que a persoa solicitante o asine.

Unha vez entregado este documento asinado polo solicitante, procederase á entrega dos libros á persoa autorizada por éste. Neste enlace poden descargar o modelo de autorización. MODELO.

Poderán recollerse a maioría dos libros. O centro ten que mercar algúns que non se poderán entregar ata que cheguen da librería. Avisarase ao alumnado no momento en que estean dispoñibles.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS FONDO LIBROS 2018/2019

Os vales para a adquisición de material correspondentes a setembro poderanse recoller a partir do día 17 de setembro.

 

NOVIDADE IMPORTANTE: ESTE CURSO SERÁN AS PERSOAS SOLICITANTES AS QUE DEBERÁN ACUDIR AO INSTITUTO A RECOLLER OS LIBROS DO FONDO.

O DÍA SERÁ O LUNS 24 DE SETEMBRO. O PRÓXIMO XOVES 20 DE SETEMBRO PUBLICAREMOS O HORARIO E LUGAR DE RECOLLIDA NA PÁXINA WEB DO INSTITUTO E TAMÉN SE LLE COMUNICARÁ AO ALUMNADO.

 

LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS

LISTA DEFINITIVA DE EXCLUÍDOS

COMEZO DO CURSO 2018-2019

HORARIO DE PRESENTACIÓN

LUNS 17 DE SETEMBRO DE 2018

 

O alumnado será recibido no IES de Mos e será conducido polas súas titoras e titores ás correspondentes aulas, para levar a cabo a presentación do curso.

 

ORGANIZACIÓN:

12:00 - 13:00. Presentación de 1º e 2º de ESO.

  *O alumnado de 1º  ESO entrará pola porta principal e o alumnado de 2º ESO entrará pola porta traseira.

 

12:15 - 13:00. Presentación de 3º ESO, 4º ESO, 1º E 2º DE BACHARELATO

*O alumnado de 3º  ESO e 1º bacharelato entrará pola porta principal e o alumnado de 4º ESO e 2º de bacharelato entrará pola porta traseira.

Haberá servizo de autobuses para o alumnado, que comezará as 11:20 h. A hora de saída será as 13:00 h.

O luns 17 de setembro non haberá clase pola tarde.

Lembramos que as clases a partir do martes 18 de setembro comezarán co seu horario normal.

 

 

 


 

HORARIO EXAMES CAMBIO DE MODALIDADE

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018/2019

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- O PRAZO PARA RECLAMACIÓNS ÁS LISTAXES REMATA O DÍA 16 DE XULLO.

- LÉMBRASE AOS SOLICITANTES QUE AS LISTAS DEFINITIVAS NON SAIRÁN ATA O 14 DE SETEMBRO

- O ALUMNADO QUE TEÑA MATERIAS PARA SETEMBRO DEBERÁ ENTREGAR OS LIBROS PENDENTES OS DÍAS DOS EXAMES

- DATAS DE RECOLLIDA DO VALE DE MATERIAL DOS/AS ALUMNOS/AS QUE APROBARON TODO EN XUÑO E LLES ASIGNARON UN MÍNIMO DE 6 LIBROS:

Desde o 18 de xullo ata o 31 de xullo (se non poden vir nestas datas, poden recollelos en setembro).

- PARA O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES DEBERÁN ESPERAR Á PUBLICACIÓN DA LISTA DEFINITIVA EN SETEMBRO

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS

LISTAXE PROVISIONAL EXCLUÍDOS


 

CALENDARIO DE SETEMBRO 2018

Nos seguintes documentos poden consultar os exames e o calendario de setembro.

IMPORTANTE: Os/as alumnos/as que teñen libros do fondo deben entregalos os días dos exames.

CALENDARIO DE SETEMBRO

EXAMES DE SETEMBRO

IMPORTANTE: O exame de Historia da Arte de 2º de Bacharelato será o martes 4 de setembro de 2018 ás 10:30 h no salón de actos.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018-2019

No seguinte arquivo poden consultar os libros de texto para o curso 2018/2019.

NOTA ACLARATORIA:

LIBRO 2º BACHARELATO DE BIOLOXÍA: LIBRO DE CONSULTA. PODERÁ UTILIZARSE A EDICIÓN NOVA OU A ANTERIOR.

 ARQUIVO LIBROS DE TEXTO

DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019

Poden consultar no seguinte arquivo as datas de matrícula para o curso 2018-2019 e a documentación necesaria.

ARQUIVO MATRÍCULA 2018-2019

FONDO SOLIDARIO: AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.
 
 
Ligazóns: Solicitude (Anexos I e II)               DOG 21 de maio
 
O prazo para a presentación remata o 22 de xuño.
 
RESUMO DAS INSTRUCCIÓNS (Neste resumo non aparece toda a información publicada no DOG. Só algúns puntos relevantes para a entrega e trámite de solicitudes)
Distribuir contido


by Dr. Radut