O centro
Familias
Iniciar sesión
Escola de familias 2023-24
admin — Mar, 2024-03-05 11:34
Neste mes de marzo desenvolveremos a III Edición da Escola de familias do IES de Mos.
Adxuntamos o cartel cos horarios das charlas, invitando a toda a Comunidade Educativa de Mos. Agardamos de que sexa do voso interese.
Proposta de viaxe para 4º ESO
admin — Ven, 2024-03-01 15:14
Adxuntamos unha nova proposta para a viaxe Fin de curso do alumnado de 4º ESO. Veredes que é unha idea xenial e máis económica. A excursión sería a Asturias, onde o alumnado poderá vivir unha experiencia plena, practicar deporte, desfrutar da natureza e, por suposto, convivir cos seus compañeiros.
Vacantes para o curso 24-25
admin — Mér, 2024-02-28 12:57
Dende o IES de Mos queremos informar de que as vacantes para o vindeiro curso 24-25 son as seguintes:
1º ESO: 44 prazas.
2º ESO: 25 prazas.
3º ESO: 11 prazas.
4º ESO: 27 prazas.
1º Bacharelato na opción de ciencias e tecnoloxía: 3 prazas.
1º Bacharelato na opción de humanidades e ciencias sociais: 3 prazas.
1º Bacharelato na opción de artes: 12 prazas.
2º Bacharelato na opción de ciencias en tecnoloxía: 10 prazas.
2º Bacharelato na opción de humanidades e ciencias sociais: 5 prazas.
2º Bacharelato na opción de artes: 10 prazas.
Lembrar que o proceso de admisión (solicitude de praza) está aberto dende o día 1 de marzo ata o vindiero 20 de marzo.
O luns 4 de marzo teremos un día de "portas abertas" ás 12:30 e ás 16:30.
Agardamos que esta información sexa do seu interés.
Azucena Matilde González.
Directora do IES de Mos
Torneo de Debate Académico de Galicia da Fundación Barrié
admin — Xov, 2024-02-22 18:07
Publicación da lista do alumnado con reserva para o curso 24-25
admin — Xov, 2024-02-22 13:34
A partir de hoxe, tal e como indica o procedemento de admisión, estarán publicadas na entrada do noso centro a listaxe do alumnado en reserva directa para poder matricularse no noso centro para o curso 24-25.
Un saúdo.
Azucena Matilde González.
Directora do IES de Mos
Xornada de portas abertas
admin — Xov, 2024-02-22 13:26
O luns 4 de marzo organizaremos unha xornada de portas abertas para todas aquelas familias que dexesen coñecer a nosa oferta educativa. Haberá dous horarios:
- Luns 4 de marzo ás 12:30.
- Luns 4 de marzo ás 16:30.
Autorización de saída de menores ao estranxeiro (viaxe a Andorra)
admin — Lun, 2024-02-19 14:01
Adxuntamos o modelo de "Autorización de saída de menores ao estranxeiro" que nos facilitaron dende posto da Garda Civil de Mos
Procedemento e prazos de admisión curso 24-25
admin — Xov, 2024-01-25 13:58
No seguinte documento adxunto indícanse prazos e procedemento para levar a cabo a admisión para o vindeiro curso 2024-25.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »