Skip to Content

Para os alumnos e alumnas de Bacharelato: Transporte escolar da Xunta Correxido!!

Quedan vacantes algunhas prazas no transporte escolar da Xunta de Galicia que serán cubertas (seguindo os criterios establecidos pola normativa vixente) por alumnos de Bacharelato. Para iso precisamos que cubrades o documento adxunto e o enviedes por correo electrónico antes do 23 de setembro a: azucenamg@edu.xunta.gal

Logo de cubrir as vacantes voltaremos informar sobre o transporte municipal para que o Concello poida facer as súas previsións.

Agardamos os vosos correos.

Un saúdo

Aviso: publicación listaxe definitva do FONDO LIBROS 20-21

A día 14 de setembro faise pública  a listade definitiva dos alumnos e alumnas que teñen dereito a libros de texto da Xunta de Galicia no curso 20-21,

Esta listaxe poderase consultar do Centro  a partir de hoxe e no horario de 09:00 ata as 14:00

Un saúdo

A Dirección do IES de Mos

Información sobre o inicio de curso.

Á atención da comunidade educativa  do IES de Mos.

 

A Consellaría de Educación vén de comunicar que o curso comezará o próximo día 23 de setembro.

Cando teñamos información máis concreta informaremos de contado.

Moitas grazas.

Xurxo Collazo Saavedra.

Director do IES de Mos.

Información sobre o inicio de curso.

Á atención da comunidade educativa do IES de Mos.

1.      

No momento de redactar esta comunicación, estamos á espera das intrucións da Consellaría sobre as datas de inicio de curso.  Os directores e directoras dos centros da provincia, solicitan que a apertura do curso se retrase para poder adecuar os centros ás novas directrices derivadas das Instrucións  vixentes desde o día 1 de setembro.

2.      

Probablemente, mañá publicarán novas instrucións.

3.      

Entendemos que, na situación actual, as familias teñen que ter  información clara e segura sobre as condicións nas que se desenvolverá o curso. Neste momento, estamos á espera da resposta da administración educativa a una serie de medidas que temos solicitado. Estas medidas afectan aos horarios e ao cadro de persoal necesario para o desenvolvemente do instituto.

4.      

A nosa intención é prestar o servizo que a cidadanía merece en condicións de seguridade e de operatividade para que, así, as familias poidan conciliar e acudir aos seus postos de traballo

5.      

Se se producir alguna novidade relevante, informaremos de contado.

 

Reciban un saúdo cordial.

Xurxo Collazo Saavedra.

Director do IES de Mos.

Axudas para material escolar a comedor do Concello de Mos

Aquí poderán  ver a publicación  da Convocatoria de Axudas de  material escolar e comedor do Concello de Mos

Comezo do curso 2020-21

Á atención da comunidade educativa do IES de Mos:

 

Esta comunicación ten por obxectivo informar do proceso de inicio do curso 2020-21.

 

No momento de redactar esta comunicación, as datas de comezo do curso son:

Día 16 de setembro: 1º de ESO, 2º de ESO e 1º de Bacharelato.

Día 17 de setembro: 3º de ESO e 2º de Bacharelato.

Día 18 de setembro: 4º de ESO.

 

Antes do inicio do curso, as familias serán adecuadamente informadas dos protocolos sanitarios e normas de convivencia adaptadas á actual situación sanitaria.

 

As canles de comunicación serán:

Páxina web do instituto.

Aplicación Abalar móbil.

 

Reiteramos a importancia de ter instalada e operativa a aplicación Abalar móbil porque se trata dunha ferramenta que permite que a información poida transmitirse instantaneamente en caso de necesidade.

 

Entendemos que este curso escolar comeza nunhas circunstancias extremadamente cambiantes e que é imprescindible adaptarnos e adecuar o sistema educativo ás mesmas sen innecesarias perdas de tempo.

Somos conscientes de que familias, estudantes e profesionais do ensino imos vivir un comezo de curso nun contexto definido pola incidencia da pandemia e das súas consecuencias.

Temos que afrontar esta situación seguindo escrupulosamente as directrices sanitarias e, ademais, con ánimo e vontade colectiva para poder minimizar en todo o posible os riscos e as graves consecuencias da infección.

As profesionais, os profesionais que traballamos no IES de Mos estamos preparando o centro para que os nosos alumnos e as nosas alumnas desenvolvan a súa xornada escolar nun entorno o máis seguro posible. Con todo, necesitamos a colaboración imprescindible das familias para que o nivel de protección sexa efectivo. É por este motivo polo  que solicitamos que, ademais de estaren informadas, as familias axuden intensamente a cumprir os protocolos e instrucións que vaian recibindo; só así estaremos en condicións de paliar o avance da enfermidade.

Estamos absolutamente convencidos de que, como xa fixemos nos meses pasados, entre todas e todos sairemos adiante.

Moitas grazas e moito ánimo.

Xurxo Collazo Saavedra.

 

Director do IES de Mos.

 

Aberto o prazo de matricula para alumnos do centro

As alumnas e alumnos do IES de Mos, rematado o proceso da convocatoria de setembro, poderán formalizar a matrícula para o curso 2020-21 os días  7 e 8 de setembro.

ATENCIÓN: esta convocatoria incumbe unicamente o alumnado do instituto que aínda non se matriculou por ter que se examinar en setembro.

Proposta da Deputación de Pontevedra

Desde o proxecto TI© EMPRENDES ofrecemos:

      11 itinerarios formativos de 125 horas de duración (100h. de formación específica e 25 de emprendemento): Formación específica (eminentemente práctica) en sectores co maior crecemento e demanda nos últimos anos como tecnoloxías da información e comunicación, turismo, lecer, deportes e restauración

      Formación en autoemprego e/ou creación de empresas

      Titorías de orientación profesional, emprendemento e autoemprego (elaboración do perfil formativo e profesional, e acompañamento a inserción laboral)

      Axudas económicas de 13,45 € por día de asistencia á formación

      Diploma de asistencia da acción formativa realizada e finalizada

      Titorías de orientación profesional, emprendemento e autoemprego

      Diploma de asistencia da acción formativa realizada e finalizada

 

 

Dirixidas a persoas mozas:

-        Entre 16 e 30 anos

-        Inscritas No Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (axudamos a darse de alta senón están inscritas)

-        Empadroadas nalǵun dos seguintes concellos: A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Portas, Pontecesures, Catoira, Cuntis, Valga, Forcarei, Silleda, Agolada, Dozón, Rodeiro, Vila de Cruces, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo, As Neves, Arbo, A Cañiza, Crecente, Oia e O Rosal.

-        Desempregadas

-        Non integradas no sistema de educación ou formación

 

Ver cartel adxunto

 

IMPORTANTE: AVISO SECCIÓNS BILINGÜES 2º E 3º ESO

Ábrese un prazo extraordinario para solicitar formar parte dunha sección bilingüe no curso 2020 2021 destinado ao alumnado que vaia cursar no ano académico 20 - 21 2º ou 3º da ESO e que non cursase sección bilingüe no curso 19-20.

As materias destas seccións bilingües de 2º e 3º son, respectivamente, Promoción de Estilos de Vida Saudables e Bioloxía.

Para solicitar praza, deberase enviar un correo electronico a ies.mos@edu.xunta.gal entre o xoves 23 e o martes 28 de xullo, indicando no correo electrónico nome do responsable legal, nome do alumno e curso do que está matriculado para o ano académico 20 - 21.

O Equipo Directivo.

Recollida de vales: libros e material

O alumnado que recibe seis ou máis libros ten dereito ao vale de material

O alumnado de 1º ESO non recibe libros (E-dix-gal) pero si pode ter dereito a vale de material. Terán que consultalo na Conserxería do IES.

 

 

 

A entrega dos cheques do fondo libros xerados en xullo realizarase  segundo os seguintes prazos:

- 1º ESO  do 14 ao 17 de xullo

- 2º ESO do 20 ao 23 de xullo

- 3º ESO do 24 ao 28 de xullo

-4º ESO do 29 ao 31 de xullo

IMPORTANTE: para recoller o cheque do fondo libros é preciso que veña a persoa que o solicitou. Se o solicitante non puidese acudir, o seu representante  debe traer unha autorización do solicitante e a fotocopia do DNI do solicitante. Nesta ligazón pode obter o modelo de autorización

Distribuir contido


by Dr. Radut