O centro
Familias
Iniciar sesión
Visita dende Francia
admin — Dom, 2024-03-10 18:43
Durante a semana do 29 de xaneiro, en concreto dende o día 30 ata o día 2, no IES DE MOS visitáronnos nove estudantes e dúas profesoras franceses. O obxectivo da actividade era traballar a inclusión dende distintos eixes e tamén fomentar lazos de unión entre o noso alumnado e os nosos compañeiros do proxecto Erasmus "Educando a nuestro futuro". Ao longo de toda a estadía, o noso grupo Erasmus (conformada case por 30 alumnos e alumnas) xunto con este grupo de estudantes estiveron a realizar distintas dinámicas para dar a coñecer o noso centro así como os distintos grupos internos de traballo como igualdade e sostibilidade.
Se queredes ver máis, visitade o noso blog.
Se queres saber máis, visita o noso blog.