You are hereBlogues / blogue deadmin

blogue deadmin


Horario de acollida e inicio das clases lectivas curso 2018-2019

O curso lectivo comezará o luns 17 de setembro co seguinte horario de acollida/presentación:

- Ciclos medios: ás 10.00 horas.
- Ciclos superiores: ás 11.00 horas.
- Ciclos de FP básica: ás 12.00 horas.

Tras a presentación/acollida do alumnado por parte do equipo directivo e dos seus titores, continuarán as clases no horario lectivo habitual (lémbrase que os luns tamén hai horario lectivo pola tarde).

Autorización para recollida de documentos

Modelo de autorización para recollida de documentos.

Ademais da autorización completa en datos e asinada, deben achegarse copias dos documentos de identidade de ambas persoas.

Xa está aquí o nº29 da revista Século 21

Xa temos un novo exemplar da revista Século 21 con información e fotos do curso 2017-18. Grazas ao Equipo de Normalización Lingüística, aos maquetadores de 1º curso do ciclo superior de Deseño e xestión da produción gráfica e a todos os redactores e participantes, alumnado e profesorado, que fixeron posible encher de contidos este novo número da nosa revista. Moitas grazas!

Pincha na imaxe e poderás ler a revista. Os números anteriores están dispoñibles no menú "Revista escolar" da web do centro.

Non sexas pesado e deixa que cadaquén o faga con quen queira. Sempre consentido e con sentido

Durante o curso 2017-2018, o alumnado de FP Básica do IES Montecelo participou no programa “Educación Afectivo Sexual” de Quérote+. A actividade desenvolta para a promoción do respecto á diversidade sexual e da convivencia positiva e igualitaria entre os sexos tivo como lema gañador: 

 

Non sexas pesado e deixa que cadaquén o faga con quen queira.Sempre consentido e con sentido

 

O alumnado autor do lema foi Diego Ferreirós, Nerea Freire, Cristian Iglesias,  Verónica Iglesias e Aitana Pintos.

Calendario de probas libres

Calendario de probas libres


A xornada de presentación é o venres 1 de xuño ás 11.30 horas no salón de actos do centro. Dito acto de presentación é obrigatorio. 

 

 

 

 

 

Os nosos proxectos Seguridade Memorflex e Permacultura Urbán premiados en FP Innova 2018

Neste 2018 dous proxectos do IES Montecelo volveron a resultar premiados nos Premios FP Innova.

O proxecto Seguridade Memorflex, presentado polo profesorado e alumnado de FP Básica de Mantemento de Vehículos e en colaboración co IES Antón Losada (A Estrada), busca a mellora dun elemento vital na seguridade xa que os paragolpes elaboraranse cunha base de látex que tería “efecto memoria” ao recuperar a forma inicial de xeito inmediato.

 

O proxecto Permacultura Urbán, presentado polo profesorado e alumnado de FP Básica de Agroxardinaría e en colaboración coa Asociación Boa Vida – Inclusión Activa de Pontevedra, pretende reducir a xeración de refugallos co emprego dun compostador caseiro que empregarán as familias participantes.

 

O novo equipo de mediación

Xa temos novo equipo de mediadores do centro: Faik Borja, María, José Andrés, Joel e Andrea serán os encargados de mediar na resolución dos conflitos que poidan xurdir na comunidade educativa.