You are hereBlogues / blogue deadmin

blogue deadmin


Listaxe provisional solicitantes Erasmus+ 2021

Publicación da listaxe provisional de solicitantes de bolsa Erasmus+ 2021

 

Listaxe provisional CM

 

BOLSAS MEC 2022/2023

Adianto do prazo de solicitudes de Bolsas do Ministerio de Educación para estudos do próximo curso 2022/2023.

Prazo:  Do 30 de marzo ao 12 de maio.

 

Información no seguinte enlace:  https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 

 

Participación en SpainSkills 2022

Esta semana tres alumnos do IES Montecelo representan a Galicia na competición SpainSkills 2022 en Madrid, nas categorías de Xardinaría paisaxística e Floraría. Hoxe remata a competición e están a facer as últimas probas en Floraría e a dar os últimos retoques ao xardín en Xardinaría paisaxística. Estes son os protagonistas e parte do seu traballo.

 

 

CURSOS AFD PARA DESEMPREGADOS

PRAZAS LIBRES NOS CURSOS DE ESTÉTICA E XARDINARÍA. INICIO 7 MARZO (CONTACTAR CO CENTRO EDUCATIVO)

 

Próximo inicio de cursos AFD para persoas desempregadas. Requisito imprescindible estar inscrito como demandante de emprego nunha oficina do SEPE  e titulación da ESO ou equivalente

Solicitude no propio centro.

Contacto IES Montecelo: Telf: 986850261/email:ies.montecelo@edu.xunta.gal

Cursos ofertados:

 

 

 

 

 

 

 

OFERTA EMPREGO: TÉCNICO EN FARMACIA

Precísase técnico en farmacia e parafarmacia para xornada completa en Vigo.

Interesados enviar CV a vigoflorida@villafarma.es (á atención de Patricia)

XII Día da Ciencia en galego

 

O alumnado do ciclo de farmacia e parafarmacia comparte Ciencia en Galego nos recreos dos mércores do mes de novembro cos compañeiros e profesores do IES Montecelo. Realizaron determinacións volumétricas, cálculo de densidades e diferentes técnicas de separación, amosando o material e aparellos empregados nestas operacións de laboratorio.

OFERTAS DE EMPREGO

Empresa de artes gráficas precisa cubrir postos de traballo de:

 

Maquinista offset e axudante de taller. Non precisa experiencia previa. Formación a cargo da empresa. Zona Vilagarcía de Arousa

 

Maquinista  offset de rotativa. Precisa experiencia previa. Zona Vilagarcía de Arousa

 

Interesados contactar co IES Montecelo no email: ies.montecelo@edu.xunta.gal co asunto "Emprego artes gráficas"

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS CURSO 2021/2022

 

Aberto o prazo de solicitude de bolsas de estudos para o curso 2021/2022 dende o 3 de agosto ao 30 de setembro de 2021.

Enlace á web de información e solicitude online: Solicitar bolsa