You are hereBlogues / blogue deadmin

blogue deadmin


Homenaxe ás vitimas violencia de xénero

Outro ano máis o IES Montecelo homenaxea ás vítimas da violencia de xénero cun acto participativo de todo o alumnado.

Programa "Eduemprende"

O alumnado de segundo curso dos ciclos formativos recibe a visita de Fátima Rodríguez, como representante do IGAPE, e de Miguel de la Cierva, como emprendedor dun proxecto de éxito como é o Naútico de Pedras Negras-San Vicente do Mar (O Grove) para contarnos as súas experiencias empresarias, as dificultades atopadas, os erros e a ilusión de construir un negocio propio.

Proxecto de exposición fotográfica sobre estilismo

Hoxe o alumnado do módulo de EIE do ciclo superior de Produción nas industrias gráficas comezou coa búsqueda de fotografías para realizar un proxecto coordinado de todo o ciclo para montar unha exposición fotográfica de estilismos actuais e antiguos. 

O día 6 e 7 de novembro estará montado un photocall na biblioteca do centro para que alumnado, profesorado e todo o personal do centro interesado sexa modelo por un día. Martín e Sara empregarán as súas cámaras e a súa ollada de fotógraf@s para conseguir unhas imaxes artísticas.

Tamén a búsqueda de fotos está aberta a que participedes tod@s enviando fotos antigas do voso arquivo familiar ou fotos realizadas por vos que amosen a evolución da moda.

 

Charla "Depoemprende na FP"

Comezamos co programa Depoemprende: o alumnado do ciclo superior de Anatomía Patolóxica recibiu unha charla motivacional co obxectivo de promover a iniciativa emprendedora. #depoemprende

Probas idiomas Erasmus+ 2019

As probas de idiomas para participar en Erasmuso o mércores día 20 de novembro 2019:

 

 

Idioma

Horario

Lugar

Inglés

09:20 H – 11:00 H

Biblioteca

Portugués

11: 30 H – 13: 00

Aula de titorias

 

 

 

 

 

Plan de igualdade do IES Montecelo

No documento adxunto pódese consultar o plan de igualdade do noso centro.

Visitamos a feira "Pont up store"

Comezamos o curso con espírito emprendedor visitando a feira "Pont-up store". O alumnado que cursa o módulo de "Empresa e Iniciativa Emprendedora" coñece de cerca as ideas de emprendemento de futuros empresari@s. 

 

Documentación para admitidos/as en FP básica

No documento adxunto pódense consultar as listaxes de admitidas/os na FP básica. Tamén inclúese información sobre a documentación necesaria para realizar a matrícula.