You are hereBlogues / blogue deadmin

blogue deadmin


Matrícula Ciclos medios e superiores 2019/2020

Plazas liberadas en Preimpresión dixital e Impresión gráfica. Matrícula directa no centro educativo ata o 23 de xullo ás 13h.

A documentación necesaria para a matrícula relaciónase no documento adxunto.

As persoas que foron adxudicadas neste centro educativo e que figuran nas listaxes adxuntas, deberán matricularse  ou ben renunciar á adxudicación no centro educativo ata o 23 de xullo ás 13h.

As persoas solicitantes de prazas no 2º curso de anatomía patolóxica e deseño e xestión da produción gráfica, deberán consultar co centro educativo se resultaron adxudicadas e de ser así, matricularse dentro do prazo de matrícula.

Memoria do plan Proxecta Quérote 2018-19

Este curso, baixo a coordinación de departamento de comunicación lingüística, continuamos traballando no plan Proxecta Quérote+ co noso alumnado de FP Básica. Ao longo de 16 sesións implicamos ao alumnado neste proxecto para concienciar sobre a importancia dunha educación sexual baseada nos principios da tolerancia, o respeto e a igualdade.

Nesta ligazón incluimos a memoria final que inclúe imaxes e un breve percorrido polas accións que puxemos en marcha:

 

Proceso de admisión

O período de presentación de solicitudes do proceso de admisión a ciclos de formación profesional comeza o día 24 de xuño e remata o día 2 de xullo ás 13:00 horas.

Máis información nesta ligazón.

Calendario escolar 2019-2020

Publicado no DOG o calendario escolar para o curso 2019-2020.  Preme na ligazón para ter acceso.

Co bonito que o teño e empéñanse en comerme a cabeza

Este curso 2018/19 a frase gañadora do concurso sobre diversidade socioafectiva de Plan Proxecta foi:

"Co bonito que o teño e empéñanse en comerme a cabeza"


Parabéns ás alumnas gañadoras: Fátima García, Zoe Otero e Désirée Silvent, que ademais de recibir un vale para gastar nunha librería, o seu cartaz pasará a formar parte da decoración pedagóxica do noso centro.

O músico Iván Pérez visita o noso centro

O vindeiro día 20 o músico Iván Pérez membro do grupo True Mountains virá de visita o IES Montecelo para intercambiar opinións sobre música e cultura en xeral co alumnado de FP básica do centro.

Ademáis, Pérez ofrecerá un concerto no centro onde poderemos deleitarnos co seu carisma e paixón escoitando os seus temas, entre os que se inclúe "No hay perdedor", cuxa letra foi escrita por Gabriel Jesús Molina Medina, alumno de 1° de FP básica de Artes Gráficas do IES Montecelo, no marco dun concurso de poesía do módulo de Comunicación e Sociedade.

 

Primeiro número de Montesfera, o periódico estudantil da FP Básica do IES Montecelo

Sae o primeiro número do periódico Montesfera que será o medio  de expresión do alumnado de FP básica. Nel inclúense artigos de fondo e de opinión sobre temas que lles preocupan, tales coma o uso das drogas, o aborto, a educación sexual e a mesmísima FP Básica.
Tamén mostran os seus gustos, preferencias e coñecemento mediante mini reportaxes sobre temas de índole diversa cos que as lectoras poidamos aprender cousas novas. Por exemplo sobre o Mushin, o Jeet Kun Do ou a República Dominicana.
Ademais este número inclúe o poema gañador de Gabriel Jesús Molina Medina alumno de 1° de FP básica. Poema que será musicado polo artista Iván Pérez alma do grupo True Mountains que en breve ofrecerá un concerto no noso centro.

Calendario de admisión para o curso 2019/2020

Nesta ligazón tes acceso ao calendario de admisión aos ciclos formativos para o curso 2019/2020: Calendario

Tamén podes atopar aquí información xeral sobre a admisión.

 

De excursión a Soutomaior

Este mes de maio, o alumnado de FP básica disfrutou dun día cultural visitando Soutomaior.