You are hereBlogues / blogue deadmin

blogue deadmin


Probas libres 2020

Apertura do prazo matrícula probas libres para obtención de títulos de técnico e técnico superior do 1 ao 12 de xuño.

As probas terán lugar na primeira quincena de setembro.

Máis info en: http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual

Novas datas para as probas de acceso a ciclos



Ciclos medios:
Nova data da proba: 10 de xuño
Calendario e información actualizada

 
Ciclos superiores:
Nova data da proba: 11 de xuño
Calendario e información actualizada

Modificacións das programacións por mor da situación COVID-19

Publícanse as modificacións das programacións dos módulos profesionais. Podes consultar a información nos arquivos adxuntos.

Se queres que a lectura te acompañe nestes días, visita a biblioteca de préstamo de libros electrónicos

 

   GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seuespazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.

  En GaliciaLe o lector atoparádous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídasnestas dúas contornas poderánlerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderáfacelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Que precisas para ser usuario/a de GaliciaLe?

 

Para poder acceder a GaliciaLecómpre:

  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar o teu carné.
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unhaconta de correo electrónico.

Importante: Anota ou captura o contrasinal que che proporciona a plataforma, xa que está a haber algúns problemas coa recepción do correo electrónico cos datos de rexistro. Despoispoderáscambialaxa dentro da plataforma.

Podedesler os libros dende o navegador, ou na app descargable ebiblio (Android ou Apple).

Aproveitadealgúns momentos de lecer no confinamento coa lectura dunbo libro.