You are hereBlogues / blogue deadmin

blogue deadmin


Simulacro de evacuación 2017

O alumnado,  o profesorado  e o persoal non docente do IES Montecelo participou, este venres 17 de novembro, no simulacro de evacuación das instalacións, que cada ano realízase como parte do protocolo do plan de prevención do centro . Ao escoitar a alarma de incendios, todas as aulas procederon ao seu desaloxo e se dirixiron ao punto de encontro nas pistas deportivas. 

Charlas informativas sobre os programas europeos

Como cada ano, a coordinadora de programas europeos do noso centro, Mercedes Cruz, organizou unhas charlas informativas sobre os requisitos e posibilidades de participar nos programas ERASMUS dirixidas ao alumnado dos ciclos formativos. Estivo acompañada da ex-alumna Yolanda Sobral que contou a súa experiencia ERASMUS de 6 meses traballando nunha farmacia da cidade de Venecia e animou aos asistentes a vencer os seus medos e participar nesta oportunidade de formarse noutro país.

Como complemento a estas charla, publícase nesta web, como arquivo adjunto,  o artigo titulado "Erasmus en Porto" no que o ex alumno, Pablo Suárez, do ciclo superior de Produción en industrias das artes gráficas conta a súa experiencia de FCT na cidade de Porto.

 

Convocatoria dos programas de mobilidade 2017-2018

¿Es alumno/a do IES Montecelo de Ciclo  de Grao Superior  e gustaríache  participar nunha mobilidade Erasmus+ para prácticas durante a FCT en abril de  2018? ¿Ou o teu caso é que es alumno/a  do Ciclo Medio e estás interesado en  facer unha mobilidade o rematar os teus estudos neste centro educativo?

Nese caso deberás inscribirte no proceso de selección, o prazo  estará aberto dende o  14 de novembro ata o 17 de novembro, ambos incluídos. Podes cumprimentar a túa solicitude que atoparás nesta páxina web na sección de programas europeos e logo a achegas a dirección email: erasmusiesmontecelo@gmail.com  ou a podes entregar persoalmente a Coordinadora de programas Europeos

Ten en conta que no Programa da convocatoria (na sección de programas europeos), recóllese toda información relativa a esta convocatoria, así como a data dunha charla informativa  onde se indicarán  os requisitos, bases de participación e criterios de selección.  

Mira os documentos adxuntos. Anímate e participa!

 

Magosto 2017

Todo preparadao para o magosto do venres 10 de novembro, de 11.30 a 13.10 horas.

Aprendendo banda deseñada con Kiko da Silva

Kiko da Silva volveu visitar o noso centro, o venres 3 de novembro, para impartir unha xornada sobre banda deseñada ao alumnado de FP básica. O alumnado tivo a oportunidade de practicar e experimentar como se crea unha banda deseñada. Moitas grazas Kiko!

Observando as rúas e comercios de Pontevedra para facer un estudo de mercado

ESte luns 30 de outubro, o alumnado de 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia percorreu as rúas comerciais de Pontevedra para facer un estudo de mercado real comparando diferentes negocios. A actividade, que forma parte do módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora, é un primeiro pasiño para deseñar o proxecto empresarial de fin de curso.

Chegou o Samaín

Calacús e un terrorífico cemiterio...chegou o Samaín oa IES Montecelo. Moitas grazas por esta estupenda decoración ao alumnado de FP Básica de Agraria.

 

Adiviñanzas para festexar o día de bibliotecas

Esta semana queremos festexar o día das bibliotecas, 24 de outubro, cun xogo de adiviñanzas. Se acertas a adiviña gañas unha mazá ou un plátano. Adiviñanzas, lectura e froita: un plan perfecto!

Actividade do alumnado de Sanidade

O alumnado dos ciclos formativos de Farmacia e Parafarmacia e de Anatomía Patolóxica asiste ás III Xornadas de Ostomías, que se organizan no salón de actos do Centro Príncipe Felipe este xoves día 5 e o venres día 6 outubro como parte das actividades complementarias que organiza o departamento de Sanidade.

En "Pontevan" á inauguración de Etiqueta Negra, a feira gourmet 100% galega

Hoxe día 26 de setembro presentouse a segunda edición da feira "Etiqueta Negra Gourmet", que se celebrará na cidade de Pontevedra os días 28, 29 e 30 deste mes, e que mellor ocasión para poñer en marcha a "Pontevan" e amosar o traballo realizado de forma colaborativa entre o CIFP Carlos Oroza, o CIFP A Xunqueira, o IES Frei Martín Sarmiento e o IES Montecelo.