Skip to Content

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

A CONTORNA

O IES Monte Carrasco nace no curso académico 1998-99, para dar resposta ás necesidades de escolarización da poboación estudantil de 12 a 16 anos da parroquia de Darbo do concello de Cangas, trala entrada en vigor da LOXSE.

O IES Monte Carrasco é froito da transformación dun centro de Educación Primaria, construído no ano 1986 para acoller ao alumnado de 6 a 12 anos, excedente do ámbito de influencia do CEIP “San  Roque”, único centro da zona que acollía ao alumnado de Educación Primaria.

O centro localízase no lugar de San Pedro, parroquia de Darbo, no concello de Cangas, que se atopa no extremo suroeste da península do Morrazo, en pleno corazón das Rías Baixas. 

O centro está  situado no denominado “Monte Carrasco”, de onde toma o seu nome, nunha zona rica en legados prehistóricos, en concreto, petróglifos, e atópase  a unha distancia duns catro quilómetros do centro urbano.

A parroquia de Darbo, contorna xeográfica e social do alumnado que escolariza o centro, está situado no centro do termo municipal de Cangas, sendo a máis poboado do mesmo.  Ten unha tendencia clara ao aumento de poboación, pois nos últimos anos algunhas zonas da mesma estanse a converter en áreas residenciais do propio municipio e do propio Vigo.

 

parroquiascangas



Información do Centro

IES MONTE CARRASCO

Rúa Monte Carrasco, 20

36940 Cangas, Pontevedra

Teléfono de contacto:

886 110 160

Correo electrónico: 

 ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.gal

Horario lectivo:

Luns, Mércores e Venres:

8:20 a 13:45

Martes e Xoves

8:20 a 14:50

Como chegar:

42º 16' 32,7" N    8º 47' 38,4" W

page | by Dr. Radut