IMATXINA. Semana das matemáticas. Vigo-2015

 ___

O alumnado de 1º de ESO visitou a XI Edición de IMATXINA (Semana das Matemáticas de Vigo). Alí participaron durante dúas horas en distintos obradoiros con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas e estatística.

Mediante estas actividades algún dos obxectivos que se pretenden son os seguintes: sacar as matemáticas das aulas e achegalas ao alumnado dende un punto de vista manipulativo e participativo, favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares, amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas e aprender a traballar en equipo valorando e respectando as opinións propias e ás dos demais e fomentando a imaxinación e a creatividade.

Tamén puideron ver a esponxa de Menger de nivel 4, na que participaron na súa elaboración, case rematada