Visita ao IES Montecelo e CIFP Carlos Oroza

O alumnado de 4º ESO e 4º PDC do noso centro visitou no día de hoxe as instalacións do IES Montecelo e o CIFP Carlos Oroza. Esta actividade organizada polo Departamento de Orientación ten como finalidade dar a coñecer ao alumnado as distintas posibilidades coas que conta para continuar a súa formación académica ao rematar os estudos de ESO.