Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2022-2023

PODCAST 11F

 
Novo programa de "O Son das Aulas", na sección Ciencia e tecnoloxía na radio. Nesta ocasión, a Doutora Lucía Ramos García, profesora da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, é entrevistada polas alumnas Iria, Sara e Leire de 1.º BAC con motivo da Semana da Muller na Ciencia e a Tecnoloxía.
Programa xa dispoñible en:

VIAXE A GRECIA

 

Xa de volta o alumnado que durante esta semana viaxou a Grecia acompañado da profesora Luisa Rodríguez.
Semana intensa, que comezou coa visita a un dos lugares máis emblemáticos de Grecia: Delfos, onde a insigne delegación zalaética puido consultar o oráculo.
A visita a Meteora era unha das máis esperadas e sobrepasou con creces as todas as expectativas. Despois da visita a Tesalónica e a Volos, de onde saíu a mítica expedición dos Argonautas, estiveron dous días en Atenas, desfrutando dos seus magníficos monumentos e museos. Ademais da oportunidade de coñecer a antiga e a moderna cultura grega da man do entrañable e sabio guía grego, esta semana permitiulles gozar da convivencia que, en moitos casos, acabou converténdose en amizade, entre alumnado e profesorado de 14 institutos de Galicia.

 

 

11F

PROGRAMA 3. SEMANA 11F: entrevista a Beatriz Pérez, Doutora en Informática.

Na semana dedicada ao 11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, Iria Campos, Pablo Neira e Beltrán Louzao de 1.º de Bacharelato entrevistaron a Beatriz Pérez, Doutora en Informática e Representante de Igualdade na UDC.  Beatriz é especialista en Bioinformática para Ciencias da Saúde e investigadora no CTIC (Centro Tecnolóxico da Información e da Comunicación), quen nos aporta a súa visión nesta semana tan importante para a visibilidade da muller na ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.

 

Blog O Son das Aulas

Ivoox

Spotify

11F

SEMANA 11F: Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula.

As investigadoras Sara Expósito e Olalla Liz, axudantes de investigación en I+D en Estrella Galicia, desenvolveron a charla "Os lévedos: seres minúsculos cunha importancia maiúscula". A ponencia tivo lugar na nova sala de Polos Creativos que o centro está a poñer ao día nesta segunda avaliación. Asistiron á mesma todos os alumnos que cursan a liña de Ciencias de 1.º e 2.º BAC. Previamente os alumnos  Xoel Rego de 1.ºBAC A e Pedro Janikashvili de 2.º BAC A  fixéronlles unha entrevista na radio que se centrou máis nos seus estudos na facultade e en orientación universitaria, pois pertencen á primeira promoción de Biotecnoloxía da Facultade de Santiago.

A entrevista está xa dispoñible en:

 

PODCAST 2 - CLUB DE LECTURA

Para esta fin de semana o Club de Lectura tráenos un novo podcast! Un segundo programa elaborado polo grupo de 1.º da ESO e coordinado pola profesora Alba Tizón, e que nos comenta as súas impresións sobre o libro "El curioso incidente del perro a medianoche", de Mark Haddon. Os alumnos e as alumnas participantes son Marco González, Carlos Espiñeira, Raquel Cacheiro, Leo Benito e Anneke Schoormans.
O programa está dispoñible en:
✅ Blog de O Son das Aulas:
✅ Spotify: https://open.spotify.com/episode/7kWqRiUsqZe0goxGEMIalh?si=8174677bc12f46d8&fbclid=IwAR3hdh1IGBIZBIdOEK538pZt1Rh6AjGwRcMvy4ymqSfrVEW5i6xdsANi-Cs&nd=1
 
 

SORTEO DUN PATÍN ELÉCTRICO

Como parte do Plan Proxecta de Mobilidade Sostible e Segura, iníciase a participación no sorteo dun patinete eléctrico entre o alumnado.
Por cada día, tanto pola mañá como pola tarde, que se asista ao centro educativo nun vehículo non contaminante (como pode ser bicicleta, patinete, monopatín, patíns, etc.) farase entrega no segundo recreo dun boleto para participar nese sorteo a final de curso.
Están habilitados aparcadoiros para gardar estes vehículos: un no pavillón, para gardar a bicicleta, e outro na planta baixa, para monopatíns, patinetes, etc.).
A finais do curso actual sortearase este vehículo de mobilidade persoal, anímate a participar!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer