Hai unhas semanas o alumnado de 1.° BAC tivo a oportunidade de participar na primeira edición da 'Semana Verde', organizada polo Departamento de Educación Física. Asturias foi o destino para realizar unha chea de actividades: sendeirismo a cabalo e en bici pola Senda do Oso, o Roteiro do Río Cares, paintball, descenso do Sella...E mesmo visita ás Covas do Rei Cintolo. Esforzo, superación, compañeirismo e natureza foron os protagonistas desta fantástica experiencia.
XORNADA DE ACOLLEMENTO: 2 DE XUÑO ÁS 11.30H
DATAS 1ª PROBA:
Programacións dos módulos (ver adxunto)
*Actualización: 23/5/2023
Queremos hoxe trasmitir os nosos parabéns a Darío, alumno de ciclos formativos, que o pasado venres recibiu o Premio de Educación Secundaria Obrigatoria ao Esforzo e á Superación Persoal. Noraboa, Darío!!
Na xornada previa ao Día das Letras Galegas, o alumnado de 2.° da ESO de Valores Éticos participou nun roteiro organizado polo alumnado @alusdomundo do IES do Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Coñecemos a historia do poeta a través dun roteiro pola comarca e realizamos diferentes actividades e xogos á beira do río Parga. Viñemos encant@s! Grazas ao IES de Guitiriz por este marabilloso día!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer