Punto Laranxa contra o acoso escolar

Curso 2022-2023

TEATRO - A LIORTA

 

O 14 de decembro tivemos a oportunidade de gozar da versión galega da obra 'A Liorta, (Voltaire/Rousseau) ', que nos achegou ao salón de actos do noso Instituto a compañía Avelaíña Teatro de Pontevedra. A obra está dirixida por Antón Simón e interpretada polos actores Xulio Leal e Miguel Anxo Martín. Trátase dunha peza baseada no orixinal de Jean-François Prévand con tradución a cargo de Mar Miravalles Gallo.

O Departamento de Filosofía programaou para todo o alumnado de Bacharelato este encontro entre os dous grandes referentes do pensamento ilustrado, unha obra interesante para lembrar a necesidade dos debates filosóficos na actualidade. Sen obviar a presenza de bulos, como ruído na discusión, tamén noutras épocas.

 

Interesante debate sobre dous modelos de sociedade ante a nova realidade social  de finais do S. XVIII, Rousseau acusa á Razón que defende Voltaire da aparición de grandes monstros coma o capitalismo, a escravitude laboral, a alienación e a propiedade privada. O inspirador do romanticismo e do socialismo demanda un reseteo da civilización creada para que nazan sociedades que respecten a natureza e a igualdade. Pola súa parte, Voltaire defende a Razón como elemento central das sociedades burguesas.

 

 

Un diálogo intenso no escenario que nos dará motivos de reflexión.

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MONTE ALTO

 

O alumnado do Club de Lectura de 1.° ESO C visitan en profundidade os servizos da Biblioteca Municipal de Monte Alto. A finalidade buscada é coñecer os servizos da nosa contorna para colaborar e aprender dentro e fóra das aulas.

ANTENA XUVENIL

Un curso máis, presentamos á nosa Antena Xuvenil, formada por Lola e Noelia, alumnas de Comercio Internacional e de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, respectivamente.
Elas serán este curso as nosas 'Correspondentes', traéndonos semanalmente a información en material xuvenil, que poderedes consultar no taboleiro da entrada do instituto e no perfil de Instagram @zalaeta.conectate

ESCAPARATE MUNDIAL DE FÚTBOL

O Mundial de fútbol tamén se xoga en Zalaeta! Daniel, Víctor, Miguel e Ismael, alumnos de 2° de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais dual, preséntannos este "vestiario" particular que serve de escaparate para unha tenda de roupa deportiva.

PODCAST

Hai dous cusos comezou a funcionar 'O Son das Aulas', a radio do instituto. Nesta semana un grupo de profesorado do centro recibiu formación na elaboración de podcast para poñelo en práctica e continuar coa programación da radio. Mentres agardamos novos programas, lembramos a ligazón de SPOTIFY para que poidades escoitar os anteriores.

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer