Punto Laranxa contra o acoso escolar

ZALACANCELO 2021/2022

 

Por terceiro ano, o Equipo de Dinamización Lingüística do centro convoca o concurso do #Zalacancelo. A través deste concurso elixiranse os dous cancelos que acompañarán ás publicacións en redes sociais no curso 2021/2022.
✔No 2019/2020 ensinamos ao mundo que somos #PeixesDeMoitoCoidado e lanzamos o #ÚneteÁOnda porque non hai quen nos pare!
✔No 2020/2021 fixemos do #ConDistanciaPeroXuntos o noso lema, amosando que sempre, sempre #ZalaetaCaraAdiante.
Nesta ocasión queremos celebrar o centenario da Xeración Nós, e que o NÓS represente a toda a nosa comunidade e a tan ansiada volta á normalidade. Porque xuntos e xuntas somos máis fortes e mellores, queremos voltar con forza!
Por iso, os cancelos deste ano teñen que conter a palabra NÓS e ao tempo amosar a unión e o espírito zalaético que nos representan!
ℹHaberá dúas categorías: para a ESO e para Bacharelato+Ciclos Formativos.
ℹCada persoa pode aportar dous #zalacancelos, a través do correo electrónico edlg@zalaeta.gal ou na caixa do correo situada na entrada do instituto, indicando nome e apelidos e curso.
ℹPrazo para participar: ata o luns 8 de novembro.
ℹO 11 de novembro publicaranse os dous finalistas para cada categoría.
ℹA votación realizarase o venres 12 a través de Instagram Stories.
ℹPremio: un vale de 30 euros para a Fnac para cada categoría. Contémplase a posibilidade de conceder accésits.
Participa!!

BIBLIOTECA ZALAETABIBLIO

Despois de pasar un curso na "penumbra", a nosa biblioteca está este ano máis viva ca nunca!! Unha arrepiante colección de novelas de terror ocupa a vitrina da entrada principal, decorada especialmente para a ocasión polo alumnado de 2° curso do CM de Comercialización de Produtos Alimentarios e de 2° curso do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

Non esquezas que @zalaetabiblio ten as súas portas abertas, selecciona o teu exemplar e mergúllate na lectura!

ELECCIÓNS RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2021

 

ELECCIÓNS RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2021

Por resolución  do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

Data de celebración do sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral -representantes de familias, de alumnado e do profesorado-.

 

 

Mércores 27   de outubro ás 11:00 horas

Lugar : secretaría

 

 

A Coruña a 25 de outubro de 2021

 

A Directora

  Mª Estrella Pérez Freire

 

 

 

CIENCIA EN ACCIÓN 2021

O parte Maker do Proxecto Deseño e Son da Asociación cultural Zalaeta recibiu no certame internacional Ciencia en Acción 2021 unha Mención de Honra na categoría de "Ciencia, Ingeniería y Valores".
Participa neste proxecto alumnado do IES Menéndez Pidal do Club Zalatecno, do CEE Mª Mariño e do CEE NªSra de Lourdes. Os docentes coordinadores das actividades foron Paz Freire, Tono Frade, Andrés Vázquez, Isabel de la Puente do IES Zalaeta, Guillermo Gil de CEE MªMariño e Felo Couto de CEE Nª Sra de Lourdes.
O proxecto resúmese no vídeo "Makers de Deseño e Son"  e foi exposto presencialmente entre outros 51 proxectos en Atarfe (Granada)  entre 1 e e o 3 de outubro. Nesta presentación recibimos moitos parabéns polo traballo realizado que queremos transmitr a nosa comunidade educativa e en especial a todo alumnado que ten participado con actividades diversas: deseño de obxectos de axuda imprimibles en 3d, apps e guías con pictogramas, composicións e vídeos musicais, prácticas e titoriais de xardínería, etc.
O pasado día 3 a coordinadora Paz Freire recolleu a Mención de Honra en representación de todo o grupo.
Recordade que as actividades de Deseño e Son están recollidas na web do proxecto , na súa canle de Youtube e nas redes sociais @Deseño e Son Asociación cultural Zalaeta.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Actividad defensa persoal

DEFENSA PERSOAL

FORMULARIO INSCRICIÓN DEFENSA PERSONAL

JORNADAS ABIERTAS DEFENSA PERSONAL LUNES 18. 
1 DÍA DE PRUEBA GRATIS.
 
25€ PERSONAS SOCIAS
30€ NO SOCIAS
 
Prazo de inscrición ata o 31 de Outubro

Actividade de esgrima

A empresa 100TOLOS, envíanos información actual para a inscrición das persoas interesadas nesta actividade. 

No documento adxunto veñen os prezos para os socios e información da mesma.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer