Resultado de imagen de logo fse en galego

Comezamos!!! Ioga, esgrima ... baile

Outonía

 

COMEZAMOS!!! Risa   É OUTUBRO. Veñen tempos de outonía. Procuremos alegría!!

Gustaríanos que neste instituto ninguén quedase sen facer actividade física polas tardes.

E nós ofertamos estas interesantes propostas:

 

 

VOLEI – LUNS / MÉRCORES / VENRES de 17:00- 18:30


ESGRIMA – LUNS / MÉRCORES de 19:00- 20:30


PARKOUR- XOVES de 16:10 / 18


IOGA OU BAILE MODERNO- MARTES de 18- 19

Calquera aclaración preguntade ao profesorado de EF.

BOLSAS E AXUDAS DE CARÁCTER XERAL

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca  bolsas para o curso 2014-2015.
As bolsas están dirixidas,  entre outros,  aos estudos  de Bacharelato e Formación Profesional.
O prazo de presentación de solicitudes termina o 30 de setembro.

Tipos de bolsas e contía:
Contías fixas para todos os solicitantes que reúnan os requisitos:
Bolsa básica: 200 €
Contía fixa asociada á residencia durante o curso escolar: 1.500€
Contía fixa asociada á renda: 1.500€
Contía variable: O seu importe resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar.
Requisitos académicos:
1º Bacharelato obter polo menos 5,50 puntos de nota media en 4º de ESO.  Non repetir no curso actual.
1º Ciclo formativo de grao medio de F.P: Estar matriculado. Non repetir no curso actual.
1º Ciclo formativo de grao superior de F.P.:  Obter polo menos 5,50 puntos de nota media en 2º de Bacharelato, proba de acceso ou curso de acceso. Non repetir no curso actual
2º Bacharelato:  Non repetir no curso actual. Superar no curso anterior todas as materias, salvo unha. Agás para quen repetiu no curso anterior, que debe aprobar totalmente o curso anterior.
2º Ciclo formativo de grao medio ou superior:  Non repetir no curso actual. Superar no curso anterior polo menos o 85% das horas totais do curso. Excepto para quen repetiu no curso anterior, que debe aprobar totalmente o curso anterior.
Requisitos económicos:
Atendendo os ingresos que perciba a unidade familiar no ano 2013 e aplicando deducións para determinadas situacións (familias numerosas, solicitantes discapacitados, etc.) pódese obter diferentes tipos de bolsas. Para iso establécense uns limiares ou límites de renda.

 

Limiar 1
limiar 2
limiar 3
Familias de 2 membros

7.278,00 €

 22.594,00 €

 24.089,00 €

Familias de 3 membros

10.606,00 €

 30.668,00 €

 32.697,00 €

Familias de 4 membros

13.909,00 €

 36.421,00 €

 38.831,00 €

En función destes limiares, terase dereito aos seguintes compoñentes da bolsa:

Aqueles solicitantes cuxa unidade familiar obteña ingresos inferiores ao limiar 1, poderán ter dereito:  
Contía fixa asociada á renda (1.500€)
Contía fixa asociada á residencia (1.500); se ten necesidade de residir fóra do domicilio familiar.

Contía variable.
Aqueles solicitantes cuxa unidade familiar obteña ingresos superiores ao limiar 1 pero inferiores ao limiar 2:
Bolsa básica (200,00 €)
Contía fixa asociada á residencia (1.500 €); se ten necesidade de residir fóra do domicilio familiar durante o curso.
Contía variable.

Aqueles solicitantes cuxa unidade familiar obteña ingresos superiores ao limiar 2 pero inferiores ao limiar 3, unicamente poderán ter dereito á bolsa básica (200,00€)

Este é o enlace directo para comezar o proceso de solicitude:
https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=574
Se precisas máis información aquí podes atopala:
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato/beca-general.html

Convocatoria bolsas alumnado con NEAE

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

·         Modalidades:
Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta.
Axudas para programas complementarios, para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

·         Destinatarios:
Alumnado escolarizado en centros educativos que acredite a necesidade específica de recibir apoio educativo e reúnan os seguintes requisitos:
Xerais: acreditar a necesidade específica de apoio educativo, de acordo co requirido nas bases da convocatoria para distintas situacións e tipos de axuda a conceder.
Económicos.

·         Dotación: A contía a conceder terá distintos compoñentes, en función dos requisitos e circunstancias do solicitante.

·         Prazo de presentación: Até o  30 de setembro de 2014

Máis información:

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html

CURSO 2014 – 2015 PRESENTACIÓN DE ALUMNOS

 

CURSO 2014 – 2015

PRESENTACIÓN DE ALUMNOS NO SALÓN DE ACTOS:

Luns, día 15:

1º ESO: 11:30 h.

2º ESO: 12:00 h.

3º ESO: 12:30 h.

4º ESO: 12:45 h.

1º BAC.: 13:00 h.

2º BAC.: 13:15 h.

CICLOS: 13:30 h.



Comezo das clases: Martes, 16 de setembro, ás 8:30

BANCO DE LIBROS. Horario na quenda de setembro

CONVOCATORIA DE SETEMBRO. BANCO DE LIBROS

Horario: 10:30-12 e 16:30 a 18 horas

SOCIOS DA ANPA: Entregan libros o 8 de setembro

NON SOCIOS: Entregan libros o 9 e 10

TODOS RECOLLEN libros o 11 e 12

 

 

Bolsas Europa FP - Programa Acore Europa III


O Concello da Coruña convoca 50 bolsas para facer prácticas formativas durante 9 meses en empresas europeas.

A inscripción será a través da web do Concello entre os día 11 e 27 de xullo.

Máis información en www.edu.coruna.es/


 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer