Punto Laranxa contra o acoso escolar

ACTIVIDADES CO CEE MARIA MARIÑO

Queremos amosar o noso agradecemento ao alumnado de FP básica de Xardinería e Viveirismo do CEE María Mariño, e ao seu profesor Guillermo, por estes faballóns que nos entregaron como agasallo no reinicio das actividades no noso centro neste curso. Moitas grazas!

 

VISITA AO MUNCYT

 

O alumnado de 1.º BAC visitou o 2 de novembro o MUNCYT. A visita guiada incluía unha actividade sobre Cine e Ciencia Ficción titulada "And the winner is..." na que a través da proxección de fragmentos de coñecidas películas de ciencia ficción que inclúen erros de tipo científico, a rapazada tiña que descubrir os gazapos coma se dun concurso se tratase. A verdade, fixérono bastante ben!

Impresiona visitar a cabina do Boieng 747, un clásico deste museo. Dicir que na súa bodega viaxou o "Guernica" de Picasso dende Nova Iorque.Tamén se pode atopar o primeiro ordenador IBM que chegou a España no ano 1959 pertencente a RENFE, e mesmo ver a lanterna do faro da Torre de Hércules datada no s. XIX. Pagou a pena a visita pero hai tanto que ver que de seguro voltaremos, iso si, con máis tempo!

 

ESCAPARATE TENDA DE ALIMENTACIÓN A GRANEL

O alumnado de segundo curso do CM dual de Comercialización de Produtos Alimentarios e a súa profesora Sol Seoane preséntannos este precioso escaparate para unha tenda de alimentación de produtos a granel. Sen dúbida, unha composición moi elaborada coa que nos amosan que, unha vez máis, a súa creatividade non ten límites! A nós encántanos, e a vós, que vos parece?

 

 

CICLO TRANSPORTE E LOXÍSTICA DUAL

Nos últimos anos o transporte e a loxística están a experimentar unha forte transformación que demanda profesionais que saiban adaptarse a todos estes cambios. A Televisión de Galicia visitounos para interesarse polo ciclo superior de Transporte e Loxística dual e falar con Virginia e Marta, alumnas do ciclo, así como con profesoras responsables do mesmo.

 

LIGAZÓN AO TELEXORNAL 1/11/2021

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-5387683?t=2663

ESCALADA E SENDEIRISMO NO XALO

Pouquiño a pouco imos recuperando a nosa actividade. O Departamento de Educación Física organizou unha saída para 3° e 4° da ESO: escalada e sendeirismo polo Xalo e Celas de Peiro. Sen dúbida, o mellor xeito de desfrutar da contorna e ...mover o cu!

 

GALERÍA

Eleccións á Consello Escolar

Procede renovar parcialmente o Consello Escolar do Centro.

Nº membros á renovar: 

Familias: 1 

Alumnado: 4

PAS: 0

Profesorado: 4

Nomeado por Concello: 1

Nomeado por ANPA: 1 

Os censos electoriais dos distintos sectores están publicados na secretaría do centro. 

Xúntase información 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer