Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESCAPARATE DE SAN VALENTÍN

 

Este San Valentín, celebramos o amor...en todos os sentidos!
Escaparate deseñado polo alumnado de segundo curso do ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE PETER LINDBERGH

 

Máis de 50.000 persoas visitaron a exposición 'Untold Stories', de Peter Lindbergh, desde a súa inauguración o pasado mes de decembro.
Hoxe foi alumnado de 4.° da ESO, e de 1.° e 2.° de Bacharelato quen tivo a ocasión de desfrutala, da man da profesora Ana López Formoso.

ESCAPARATE DUNHA ZAPATERÍA

Menos é máis. Este é o principio que o alumnado de escaparatismo de segundo curso do ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais quixo poñer en valor con esta proposta de escaparate para unha zapatería. Nel, os produtos comparten protagonismo cunha estrutura en aceiro de liñas curvas, que os envolve semellando o caprichoso movemento do aire.

PUBLICACIÓN DEFINITIVA - ERASMUS

Publicada a resolución definitiva dos porxectos ERASMUS 2020-1-ES01-KA103-834B8DC5 e 2021-KA131-HED-BOC4889F para Ciclos Superiores e KA121-VET-F5E35DC-2021 para o Ciclo Medio, coas puntuación obtidas polos candidatos e candidatas seleccionados.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS - 1 DE FEBREIRO

O ano pasado a xornada de portas abertas realizouse de xeito virtual. Nesta ocasión, o MARTES 1 DE FEBREIRO abrimos as portas para presentar o noso centro a alumnado que o curso 2022/2023 comece 1.° da ESO. Os horarios desta xornada son os seguintes:
✔ 18h: CEIP Curros Enríquez
✔ 19h: CEIP Zalaeta - CEIP Victor López Seoane
✔ 20h: CEIP Cidade Vella - CEIP Sanjurjo de Carricarte e alumnado doutros centros (só para 1.° ESO)
*Pregamos o cumprimento das medidas sanitarias en todo momento.

PROCEDEMENTO PARA ADMISIÓN ALUMNADO (1.º ESO) - 2022/2023

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición:

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

 O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da presente orde. 

 O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da Consellería.

 LIGAZÓN PARA MÁIS INFORMACIÓN

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer