Punto Laranxa contra o acoso escolar

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación: xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Neste acordo establécese a necesidade de dirixir as actuacións a protexer á poboación máis vulnerable, reducindo as medidas que se están a levar a cabo na poboación xeral. Considéranse ámbitos vulnerables a efectos deste documento: centros sanitarios asistenciais (hospitais e centros de diálise), centros sociosanitarios (residencias de maiores, centros de día e discapacidade) e outros centros con persoas institucionalizadas (centros penitenciarios).

Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral serán opropios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022 (tendo en conta os días lectivos, a partir de maña 05/03/2022 xa NON será necesario identificar contactos estreitos do ámbito educativo)

Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.

Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19 a partir do 7/3/22

https://www.sergas.gal/Saude-publica/Recomendacions-preventivas-contactos-estreitos

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

ROTEIRO POLA CORUÑA:

O alumnado de 3.° de ESO do IES Ramón Menéndez Pidal comezou o día 22 a celebración do Día de Rosalía cun roteiro que percorría os principais puntos de conexión entre a autora, a súa obra e a cidade da Coruña. A organización do roteiro correu a cargo da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e por parte do centro contou coa colaboración dos departamentos de Inglés, Lingua Galega e Literatura e Xeografía e Historia. O alumnado desfrutou dun paseo desde o noso centro até o Parrote acompañado do recitado de poemas, da caracterización do século XIX e dos retos propostos pola guía, Carmela Gallego.

VER GALERÍA

VERSOS DE ROSALÍA:

No Día de Rosalía, grazas a Manchea - Imprenta + Artefactos manchea e á Asociación Cultural Alexandre Bóveda, puidemos ver en directo unha imprenta tradicional e sacar os versos de Rosalía de Castro á rúa. O alumnado de 3.° de ESO puido experimentar coa imprenta, ver os tipos, apreciar a arte da composición e levar para a casa un fermoso marcapáxinas cun fragmento da obra de Rosalía de Castro.

VER GALERÍA

 

 

Admisión Curso 2023/24

Alumnado de novo ingreso procedente de centros non adscritos

Presentación solicitude de admisión: 1 - 20 de marzoA solicitude será única e poderase presentar:

  • preferentemente de forma electrónica

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

ou de forma presencial no centro educativo.

Modelo solicitude admisión (ED550B)

Alumnado admitido

Todo o alumnado dos centros adscritos que solicitou praza no IES Ramón Menéndez Pidal para o curso 2023-2024  foi admitido . 

 

O Equipo Directivo 

Vacantes curso 2022-23

NIVEL

CURSO

VACANTES

ESO

34

ESO

0

ESO

10

ESO

10

 

 

 

BACHARELATO

1º Ciencias

6

BACHARELATO

1º Human. CC. SS.

3

BACHARELATO

Xeral

17

 

 

 

BACHARELATO

2º Ciencias

10

BACHARELATO

2º Human. CC. SS.

24

O SON DAS AULAS: PODCAST SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 
Botabamos moito de menos aos nosos podcast...E aquí temos o primeiro deste curso!! Aitana e Uxía de 1.º Bacharelato C entrevistan á profesora e investigadora Berta Guijarro.
Cantas mulleres informáticas coñeces? Como é o camiño para converterse en científica? A estas e a outras moitas cuestións dá resposta Berta Guijarro neste espectacular programa. Se queres descubrir un novo e interesante referente das mulleres na ciencia, preme no botón de inicio!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer