Punto Laranxa contra o acoso escolar

O SON DAS AULAS - INTERCAMBIO CON HAMBURGO

 

Retomamos o intercambio co alumnado alemán de Hamburgo despois do parón "coronavírico". Uxía e Lucía, alumnas de 1.º A de Bacharelato, realízanlles unha entrevista para coñecer a súa experiencia sobre o que viron e fixeron ao longo da súa semana na Coruña. Escoitade o podcast que hoxe vos traemos e sacade as vosas propias conclusións!
Xa dispoñible en:
✅ Ivoox: https://go.ivoox.com/rf/84976842
✅ Blog de O Son das Aulas: https://sites.google.com/view/clubdeletrasieszalaeta202021/curso-2021-2022
✅Spotify: https://open.spotify.com/episode/5Z1Zi1BxkSMPdhlkW9EE06?si=21ae9b17f15d4cbb

MOBILIDADES INTERNACIONAIS FP

Continúan as mobilidades internacionais!! Portugal, Italia e Malta son os destinos do noso alumnado de Comercio Internacional, Xestión de Vendas e Eapazos Comerciais e Actividades Comerciais. Seguimos ampliando fronteiras e, por primeira vez, tamén o alumnado de ciclo medio participa neste tipo de mobilidades. Nestes días están viaxando aos seus respectivos destinos. Rapazada, aprendede moito! Estamos desexando que nos contedes boas novas!

I FEIRA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

O 25 de marzo tivemos a oportunidade de participar na I Feira de Orientación Académica e Profesional que se celebrou no Concello de Oleiros.
Agradecemos a Iago, Nikol e Sergio, alumnos de ciclos formativos do centro, que nos acompañaran durante toda a xornada. Sen dúbida, os nosos mellores embaixadores!
 

VISITA INSTITUTO HAMBURGO

Ao longo desta semana temos o pracer de contar coa visita de alumnado alemán procedente do centro Gymnasium Meiendorf (Hamburgo). Durante todos estes días están a realizar un plan de actividades moi completo: visitar a cidade, excursión a Santiago, exposicións, museo, surf... Unha semana do máis aproveitada! Willkommen!!

RESULTADOS ESTUDO CONTAMINACIÓN ACÚSTICA

Hai unhas semanas informamos de que un grupo de alumnado de 4.º da ESO estaba a realizar un estudo sobre a contaminación acústica na contorna, dentro do Plan Proxecta de Mobilidade Sostible. Os resultados do estudo están dispoñibles no BLOG.

PROBAS EXTRAORDINARIAS MARZO - CCFF

Ver calendario no documento adxunto

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer