Punto Laranxa contra o acoso escolar

PUBLICACIÓN DEFINITIVA - ERASMUS

Publicada a resolución definitiva dos porxectos ERASMUS 2020-1-ES01-KA103-834B8DC5 e 2021-KA131-HED-BOC4889F para Ciclos Superiores e KA121-VET-F5E35DC-2021 para o Ciclo Medio, coas puntuación obtidas polos candidatos e candidatas seleccionados.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS - 1 DE FEBREIRO

O ano pasado a xornada de portas abertas realizouse de xeito virtual. Nesta ocasión, o MARTES 1 DE FEBREIRO abrimos as portas para presentar o noso centro a alumnado que o curso 2022/2023 comece 1.° da ESO. Os horarios desta xornada son os seguintes:
✔ 18h: CEIP Curros Enríquez
✔ 19h: CEIP Zalaeta - CEIP Victor López Seoane
✔ 20h: CEIP Cidade Vella - CEIP Sanjurjo de Carricarte e alumnado doutros centros (só para 1.° ESO)
*Pregamos o cumprimento das medidas sanitarias en todo momento.

PROCEDEMENTO PARA ADMISIÓN ALUMNADO (1.º ESO) - 2022/2023

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición:

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

 O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da presente orde. 

 O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da Consellería.

 LIGAZÓN PARA MÁIS INFORMACIÓN

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

CONSIDERACIÓNS A TER EN CONTA - NOVO PROTOCOLO COVID

Ante a nova situación epidemiolóxica, proporcionamos a seguinte información a ter en conta nos centros educativos (ver documento adxunto)

PROTOCOLO DETECCIÓN COVID19 (XANEIRO 2022)

RESOLUCIÓN PROVISIONAL ERASMUS CCFF

14/01/2022 12:11
Atlantic/Bermuda

Onte foron publicadas as resolucións provisionais  dos proxectos ERASMUS  2020-1-ES01-KA103-834B8DC5 e 2021-KA131-HED-BOC4889F para Ciclos Superiores e  KA121-VET-F5E35DC-2021 para o Ciclo Medio, coas puntuacións obtidas polos candidatos e candidatas seleccionados.
Coa publicación da resolución provisional ábrese o prazo de 5 días naturais para a presentación de reclamacións por parte dos/as solicitantes.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer