Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Apertura de prazo para a solicitude de bolsas de estudo para o Bacharelato

Publicouse a convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023 para o alumnado que vaia cursar ensinanzas postobrigatorias. Isto afecta a todo ao alumnado que vai cursar estudos de BACHARELATO o próximo curso, así como os que van acceder á Universidade.
Na referida convocatoria establecese o prazo de solicitude: será do 30 de marzo de 2022 até o 12 de maio de 2022, ás 24,00h, ambos inclusive.
Achegamos a ligazón ao extracto da convocatoria de bolsas de carácter xeneral para o curso académico 2022-2023,publicado o 12 de marzo de 2022: “Extracto de la Resolución de 10 de marzo de 2022, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2022-2023, para estudiantes que cursen estudios postobligatorios”.

CHEGOU O ENTROIDO, XA NOS TARDABA!!!!!!!!!!!

Despois de dous anos sen poder celebralo por mor da pandemia, o venres 25 de febreiro retomamos a celebración do Entroido no patio do Mendiño, que se encheu de deportistas, persoal sanitario, personaxes de conto, animais, demos, animadoras, magas... e todo tipo de xente disposta a pasar unha xornada de troula practicando voleibol, pinfuvote, carreiras de sacos ou soga tira.

E claro, con tanta actividade física, precisabamos recuperar as forzas... e aí estaban as estrelas indiscutibles do Entroido: os chouripáns!!!!

Deixámosvos aquí unhas fotiños da nosa celebración! Pincha na imaxe para velas.

 

Pin en Egipto

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

NORMATIVA:

Decreto 13/2022 do 3 de febreiro de 2022

Orde do 12 de marzo de 2013

Orde do 25 de xaneiro de 2017 que modifica a orde de 12 de marzo de 2013

Orde do 18 de decembro de 2020 que modifica a orde do 12 de marzo de 2013

 

Na páxina web da Consellaría tamén se pode atopar toda a normativa:

 

Enlace a web da xunta

 

ADMISIÓN DE ALUMNOS/ASDo 1 de marzo ao 21 de marzo.

No seguinte arquivo poden consultar a documentación necesaria para a admisión:

 

Documentación necesaria

 

IMPRESOS DE ADMISIÓN:

Podes descargar o anexo II da seguinte ligazón e entregalo no centro: Impreso_Anexo II 

 

 

 

 

OFERTA DE PRAZAS VACANTES:

 

 No curso 2022-2023, no que se refire en 1º Bacharelato, no IES Mendiño vaise ofertar 3 modalidades do bacharelato:

  • Bacharelato Xeral (de nova implantación).
  • Bacharelato de Ciencias.
  • Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais.

 

 

 

AS PEZAS QUE FALTAN: ANÍMATE A PARTICIPAR E GAÑA UNHA TABLET!!!!!!!!!!

Nunha historia escrita por e para os homes, moitas veces as mulleres e os seus logros quedan invisibilizados e silenciados.

Desde o IES Mendiño, convidámoste a completar as pezas que faltan, é dicir, esas mulleres que pasaron desapercibidas, porque só se somos capaces de escoitar a súa voz seremos quen de construír un relato real da historia.

Responde ás cuestións que se plantexan e identifica á muller á que se refiren nas fotos expostas na cafetería. Entre as persoas participantes que acerten todas as pistas sortearemos unha tablet.

Anímate e participa desde o luns 21 de febreiro ata o venres 18 de marzo.

Sorte!!!!!!

Para cubrir o formulario e participar no concurso pincha na seguinte ligazón. (Terás que introducir o teu usuario e contrasinal da aula virtual para acceder)

 

Acceso ao concurso

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O pasado venres 11 de febreiro celebramos no Mendiño o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

O alumnado de 4º ESO A e 4º ESO B asistiu a un encontro con Isabel Blanco Rivas.

Isabel Blanco Rivas estudou Dereito en Granada e exerce como letrada en Vigo desde 1989. Está especializada en Dereito Matrimonial e de Familia, en Violencia de Xénero e en menores.

Muller comprometida coa lingua, coa música, coa terra; feminista, cun elevado sentido da xustiza, afirma que o exercicio da avogacía dálle liberdade para investir no que é a súa verdadeira paixón: a cultura.

A Isabel gústalle escribir historias que emocionan, que fan ás persoas máis humanas, máis grandes e extraordinarias. Afirma que non escribe desde a traxedia, senón desde a dificultade que fai que as persoas se superen.

Hoxe, 11 de febreiro, día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia Isabel veu ao centro a presentarnos a súa última obra “Galegas na Ciencia” que recolle as biografías de 20 galegas que abriron as portas da ciencia vencendo obstáculos, burlas e desprezos.

Isabel estivo acompañada pola nosa alcaldesa, Digna Rivas, a quen lle agradecemos que o Concello teña agasallado ao alumnado de 4º ESO A e 4º ESO B con cadanseu exemplar do libro “Galegas na Ciencia”.

Foi unha charla moi amena e participativa, imprescindible para tomar conciencia de que as mulleres temos moito que dicir, tamén no ámbito científico.

Deixámosvos unas fotografías da xornada.

 

 

 

 

 

 

 

MAIS PARABENS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

No noso centro estamos novamente de noraboa. Nesta ocasión,a alumna de 2º de Bacharelato Carmen Figueroa Gómez resultou gañadora do 1º premio na  XVIII  edición do concurso de poesía Anomar, na 2ª categoría (ata 18 anos), organizado pola Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos, no concello de Teo, en Santiago. Os nosos parabéns para Carmen polo seu poema titulado “Roibén de despedida” e tamén para Ángela Crespo Zabaleta, outra alumna de 2º de Bacharelato que resultou finalista, dentro da 3ª categoría (a partir dos 18 anos) polo seu poema “Eudaimonía”.

 

 

 

 

 

Premio literario autonómico

PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!!!!!

As nosas alumnas de 2º Bacharelato C Laura González Rubiñán e Alba Otero Vaz participaron na convocatoria autonómica do IV Concurso Literario “Cambados Mar de Letras 2021” que organiza o IES Francisco Asorey de Cambados co patrocinio do Concello de Cambados.

O relato “Un soño” escrito por Laura González Rubiñán gañou o 2º premio na modalidade de relato curto. Pola súa banda, o relato “Vivas lembranzas” do que é autora Alba Otero Vaz obtivo unha mención honorífica.

Velaquí tedes ás nosas mendiñas recollendo os seus premios. Están enchidas de orgullo.... e nós, todas as mendiñas e todos os mendiños, tamén.

Parabéns!!!!!!

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. NOVEMBRO DE 2021

Durante este mes de novembro de 2021 vaise proceder a renovación parcial parcial do Consello Escolar do IES Mendiño. Este proceso, que ten lugar cada dous anos, foi o curso pasado debido á situación xerada pola pandemia.
Nesta páxina iremos incluíndo a documentación relativa ao proceso electoral, a medida que se vaian producindo.

  • Sorteo público dos membros titulares e suplentes da xunta electoral. Venres 29/10/2021, ás 9:30 h., no despacho de secretaría do IES Mendiño.

Calendario electoral: Documento

  • Datas fundamentais:
    • Prazo de presentación de candidaturas: do 5 novembro de 2021 ás 13:00 h. do 16 de novembro de 2021. A presentación da candidatura farase na secretaría do centro.
    • 24 de novembro de 2021: Votacións do sector alumnado.
    • 25 de novembro de 2021: Votacións dos sectores do profesorado, nais/pais e PAS.
  • Resolución da Xunta electoral coas propostas de calendario:

 

COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO IES MENDIÑO (19 membros):

  • Membros natos (3): Dirección, xefatura de estudos e secretaría.
  • Membros elixibles:
    • Profesorado (7): a renovar 6 nesta convocatoria.
    • Alumnado (4): a renovar 4 nesta convocatoria.
    • Nais/pais/titoras legais (2): a renovar 1 nesta convocatoria.
    • Persoal de Administración e Servizos (1): a renovar 1 nesta convocatoria.
  • Membros designados:
    • 1 representante das persoas responsables de alumnado designado pola ANPA.
    • 1 representante do Concello de Redondela, proposto polo mesmo.

 

 O Consello Escolar é fundamental nun centro educativo. Só podemos darlle vida e a comunidade educativa participa de maneira activa. Por iso vos animamos a participar nestas eleccións, tanto exercendo o voso dereito ao voto, como presentándovos coma candidatas ao Consello Escolar.

Normativa:

 

 

Programacións didácticas do curso 21-22

Para ver as programacións didácticas do IES Mendiño durante o curso 21-22, pinche na seguinte ligazón:

 

Programacións didácticas do curso 21-22

 

Na seguinte ligazón pode acceder á concreción curricular do IES Mendiño, seguindo a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia. Isto supón a modificación dos criterios de avaliación, promoción e titulación, que segue as instrucións dadas nesta Orde. A concreción dos criterios foi aprobada por unanimidade nun claustro extraordinario que tivo lugar o 7 de abril de 2022.

 

No seguinte cartafol teñen acceso as modificacións das programacións didácticas dos departamentos didácticos do IES Mendiño do curso 2021/2022, onde se detallan os criterios de avaliación para este curso, así como as actividades de recuperación, reforzo ou ampliación para o período comprendido entre a 3ª avaliación e a avaliación final.

Calendario de pendentes 21-22

Deixamos un enlace ao arquivo onde se poden consultar as datas de pendentes de todas as materias durante o curso 2021-2022

 

 

Calendario de pendentes

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut