Celebramos o “Día do libro”. Para iso, desde a Biblioteca, se lles propuxo aos titores e titoras da ESO que o seu alumnado presentase nunha cartolina unha recomendación do libro que máis lle gustase ou o impresionase. Podedes ver un tendal no que as recomendacións lectoras están ao aire, á vista de todo o mundo.
Doutra banda, desde Normalización Lingüística e desde a Biblioteca elaborouse, coma sempre, o tradicional e esperado Caderno Gastronómico, desta volta vinculado ao mundo do Mar, formando parte do noso PLAN PROXECTA. Aquí vos deixamos varias receitas elaboradas co noso peixiño.
Bo proveito e Felices lecturas.