Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2014/2015

MÚSICA E POESÍA NO DÍA DAS NOSAS LETRAS

Queremos felicitar ao alumnado de Música, magníficamente dirixido pola súa profesora Josefa e ao alumnado de 1º de ESO-C, magníficamente dirixido pola súa profesora de Lingua castelá Catalina. Porque abofé que parecían auténticos profesionais, tanto da música como do recitado.

Os nosos parabéns para estas dúas profesoras que souberon achegar aos intérpretes poético-musicais  e ao receptor-oínte a emoción da música e das palabras.

 E para que poidades comprobalo, deixámosvos  algunhas imaxes, premendo na imaxe.

 

 

 

 

 

 

EXPOSICIÓN DE CARTEIS SOBRE XOSÉ F. FILGUEIRA VALVERDE

Temos xa na cafetaría do noso centro unha exposición de carteis sobre a vida e a obra do autor  homenaxeado este ano no “Día das Letras”, o ilustre persoeiro D. Xosé Filgueira Valverde.

   

 

 

 

 

O alumnado de 4º de ESO e de 2º de BACHARELATO asiste á proxección de A Esmorga.

A través do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Redondela e do Equipo de Normalización Lingüística do noso centro, o alumnado de 4º de ESO e o de 2º de Bacharelato, o 10 de abril, tivo a ocasión de coñecer a última versión cinematográfica (en galego, claro está!) da magnífica novela A Esmorga, escrita por un dos nosos mellores escritores do século XX, Eduardo Blanco Amor.

Estes nosos rapaces e rapazas gozaron ou sufriron (segundo se vexa) coa representación audiovisual dunha obra que o alumnado de Bacharelato leu neste segundo trimestre que acabamos de deixar atrás.

Unha obra realista, dura, na que se nos presenta outra época, outro xeito de vivir, cuns personaxes marxinais aos que persegue un sino fatal que nos os deixa abandonar esa vida miserenta na que están asolagados.

Desde logo, a película non deixou indiferente a ninguén.

Agradecemos esta oportunidade de combinar literatura, cine e reflexión crítica.

 

 

TÉ CON KANT

O alumnado de 4º de ESO tivo o pracer de asistir a unha interesantísima e divertida función teatral grazas ao Servizo de Normalización Lingüística do noso concello e á colaboración do noso Equipo de Normalización Lingüística.
O Grupo “Inversa Teatro” foi quen de captar a atención de todo o auditorio durante máis de unha hora. Puxo en escena de xeito magnífico un espectáculo teatral que conxugaba o ensaio filosófico e a creación escénica, e xogaba asemade co humor e a ironía, nun formato que combinaba teatro, didáctica e conferencia.

 

 

PROXECCIÓN DO VÍDEO "TERRA"

O venres, 10 de outubro, tivemos o pracer de contarmos no noso centro con membros do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística (alumnos/as e profesores/as) do IES de Chapela que nos presentaron os dous magníficos vídeos que elaboraron  nos dous últimos cursos académicos.

O primeiro titulado  “Eu falarei” e o segundo no que, baixo o título “Terra”, conseguiron traballar a prol da tan necesaria defensa da nosa lingua; amAais de conseguiren ilusionar e reunir a toda a comunidade educativa nun proxecto común, empregando para isto dúas linguaxes: a verbal e a  de signos.

A proxección veu acompañada de explicacións a respecto de todo o proceso da elaboración dos vídeos.

O noso agradecemento e os nosos parabéns por este traballo tan ben feito e que a nós nos causou unha certa envexa, aínda que unha envexa sa. Ogallá sigan traballando e disfrutando deste xeito!

 Premede no nome para acceder a estes vídeos: Eu falarei   Terra

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut