Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

O MARISQUEO A PÉ

 

As mulleres de sal, con argazos de sombras,

xorden das últimas mareas

e tecen tesouros de auga cada noite

contra a Historia

Ana Romaní: Das últimas mareas

Efectivamente, son as mulleres, as que descalzas ou con botas, pisan na area fría e andan no mar morno na procura das ameixas, dos berberechos, dos carallotes, dos mexillóns… que apañan para axudar a economía familiar. Esas mulleres afoutas, ás veces bravas coma o mar, infatigables, loitando contra o cansazo, o frío, o sol, o vento… pendentes sempre de cando hai seca, de cando o mar está devalado, de cando cómpre arar no mar e deitar semente nova…

O marisqueo a pé é unha actividade practicada desde antano. Nun primeiro momento era parte do autoabastecemento daquelas familias con escasos recursos económicos e, máis tarde, constituiu unha axuda á economía familiar. Teriamos que agardar ata case a finais do século XX cando comece a ser considerado un oficio. Nas últimas décadas aumentou a demanda de marisco que non se vende só para as conserveiras senón tamén para o fresco, o que trouxo consigo un aumento dos prezos e unha certa profesionalización neste sector no que destacan sobradamente as mulleres.

Malia mudaren as condicións económicas, non mudou o xeito de traballar. Úsanse os mesmos utensilios que antano, como dan mostra os datos recollidos polo alumnado de 3º e 4º de ESO das mariscadoras coas que estiveron a falar. A saber:

 

APARELLOS NECESARIOS:

  • O sacho: con el cóllense os berberechos e as ameixas. Pode ser a minar (cavar) ou aos buracos (as ameixas reghalan o buraco)

  • A raspeta (anaco de lata dobrada coa que se collen os croques. Vaise levantando a area e, coas mans, cóllense os mariscos)

  • Vara de alambre (para coller o carallote. Ten nun extremo dúas ghallas que se cravan na area nos buracos que fan os carallotes. Cando se minan, dáselles co pé e ábrense, crávaselles a variña e os carallotes quedan alí suxeitos. Hai que collelos coa marea baixa)

  • As mans (métense na auga e rabúñase a area)

  • O monico

  • O cesto

 

 

 

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



story | by Dr. Radut