Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Lingua galega

A LECTURA É UN PRACER QUE ACTIVA SENTIMENTOS E CREATIVIDADE

 

Ler serve para coñecer outras épocas, outros lugares, outros personaxes, outras maneiras de vivir e sentir...

A lectura é tarefa obrigatoria no ensino, pero é tamén debe ser divertimento, ilusión, imaxinación... Por iso queremos agora presentarvos algúns dos traballos que os nosos rapaces e rapazas fixeron sobre obras como Os vellos non deben de namorarse, Cousas de A. D. Rguez. Castelao;  Ilustrísima, O galo de Antioquía de C. Casares; Que me queres, Amor? de M. Rivas; Arraianos de X. L. Méndez Ferrín...

 

 

 

.

PUBLICIDADE EN GALEGO

Presentámosvos agora algúns anuncios publicitarios creados por rapaces e rapazas de 1º de ESO do noso centro.

Achegáronse á publicidade nas clases coa súa profesora Olga quen os e as animou a poñer a práctica algo que estudaran na aula. Decidiron que o tema sobre o que traballar ía ser a Cafetaría do propio centro e o seu encargado, Fon, persoa moi querida e respectada entre toda a comunidade educativa.

Velaquí vos deixamos algunhas mostras destas cuñas publicitarias para que comprobedes que estudar non está rifado con ser creativo e PASALO BEN: 

 

 

 

.

Premios 2011/12

A nosa alumna Aloxi Centeno resultou gañadora do certame literario de narración "A Reboraina" organizado polo CPI de Reboreda (Redondela). Tamén obtivo un accésit no certame literario de Cambre (A Coruña).

Os nosos parabéns.

 

Este curso organizamos por vez primeira un Concurso de ilustracións dirixido ao noso alumnado. Tratábase de realizar un debuxo sobre un personaxe, unha escena, un lugar...tirado dunha novela ou dun relato que os nosos rapaces e rapazas leran. O alumno Nicolás Álvarez de 1º de ESO recibiu o 1º premio por unha ilustración feita a apartir do libro El escarabajo de Horus da autora Rocío Rueda. Resultaron tamén finalistas Inés Pérez e Claudia Roza, tamén de 1º de ESO.

 

Os nosos parabéns para todos eles.

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut