Ligazóns importantes
Premios 2011/12
A nosa alumna Aloxi Centeno resultou gañadora do certame literario de narración "A Reboraina" organizado polo CPI de Reboreda (Redondela). Tamén obtivo un accésit no certame literario de Cambre (A Coruña).
Os nosos parabéns.
Este curso organizamos por vez primeira un Concurso de ilustracións dirixido ao noso alumnado. Tratábase de realizar un debuxo sobre un personaxe, unha escena, un lugar...tirado dunha novela ou dun relato que os nosos rapaces e rapazas leran. O alumno Nicolás Álvarez de 1º de ESO recibiu o 1º premio por unha ilustración feita a apartir do libro El escarabajo de Horus da autora Rocío Rueda. Resultaron tamén finalistas Inés Pérez e Claudia Roza, tamén de 1º de ESO.
Os nosos parabéns para todos eles.