Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

Novas

Participación no fondo solidario de material escolar para o curso 23-24

Xa está aberto o prazo de solicitudes para a participación no Fondo Solidario de material para o vindeiro curso 2023/24 (Orde de 10 de maio de 2023, DOG 19 de maio de 2023).

Presentación de solicitudes:

- Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Farase 1 única solicitude por familia.

2. Podénse presentar presencialmente no centro as solicitudes. Para evitarmos desprazamentos innecesarios e acumulación de persoas no centro, pregamos:

- Traian cubertos os impresos ao centro. Poden descargar os impresos na seguinte ligazón: Anexos I e IINo caso de non poder imprimilos, poden recoller o impreso no propio centro.

- Traian a seguinte DOCUMENTACIÓN:

. Fotocopia do libro de familia (con todos os membros da unidade familiar).

. Sentenza xudicial de separación, divorcio ou convenio regulador (de ser o caso).

. Certificado de grao de discapacidade (de ser o caso). 

Procedemento de reclamación de 2º de bacharelato

Achegamos os modelos necesarios para reclamar as cualificacións de 2º de bacharelato. Calquera deles hai que presentalos no centro para rexistro antes da data límite. As datas límites da convocatoria ordinaria (as da convocatoria extraordinaria publicaranse máis adiante) son as seguintes:

Convocatoria ordinaria

Reclamación ante a dirección: 19 de maio ata as 14:00

Reclamación ante a Xefatura Territorial: 24 de maio ata as 14:00

 


As cualificacións da avaliación ordinaria de 2º de bacharelato publicaranse a través de abalar o martes 16 de maio a partir das 21:00 horas

 

Para poder ver os distintos trámites e prazos do proceso de reclamación, poden descagar o seguinte arquivo:

Trámites e datas do proceso de reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato na convocatoria ordinaria

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión para o IES Mendiño en prazo foi ADMITIDO.

Na páxina web do centro atoparedes os impresos de matrícula para o próximo curso. Está formalizarase unha vez rematado este curso escolar 2022-23. Grazas por elixir o noso centro e formar parte da nosa comunidade educativa.

A dirección.

Oferta académica 23-24

Deixamos por aquí a oferta académica do IES Mendiño para o vindeiro curso 23-24. Se queren acceder á información podedes pinchar na seguinte ligazón:

Oferta académica 23-24

Visita da escritora Eva Mejuto. Fin das actividades de "Unha semaniña enteira..."

A escritora Eva Mejuto, autora de obras moi recoñecidas e de grande difusión entre o público en xeral e especialmente na mocidade, como A lavandeira de San Simón, 22 segundos ou Memoria do Silencio, visitou o noso centro, onde compartiu cos membros do noso club de lectura, LeMendiño, unha das sesións mensuais

E como colofón a actividade de oralidade en galego "Unha semaniña enteira...", Eva Mejuto, da cal o alumndo do noso centro leu algúns dos seus libros ao longo desta etapa educativa, non só neste curso, senón tamén en anos anteriores, compartiu co alumnado do centro un coloquio onde falamos de literatura e de mulleres en contextos de represión.

 

Unha semaniña enteira ...

Desde o IES Mendiño informamos dunha actividade que se levará a cabo no noso centro desde este xoves 23 (Día de Rosalía) até o xoves 2 de marzo. Trátase dunha actividade coordinada desde o Departamento de galego, mais que conta coa colaboración de todo centro, e na que tamén participan outros dous dentros de secundaria de Redondela. A idea é mellorar a oralidade en galego do noso alumnado, animándoos a que falen a nosa lingua ao longo desa semana enteira, en todos os contextos: na casa, no instituto, na rúa... 
O seguimento da actividade farase a través dun pequeno audio dirario (1 minuto máximo) que enviarán a través da aula virtual, e no que darán conta das experiencias faladoras do día. Para o alumnado galegofalante (case inexistente no centro) hai deseñadas outro tipo de tarefas relacionadas coa cultura galega, para que eles tamén poidan enriquecerse neses días. A participación na actividade é voluntaria, aínda que será tida en conta na materia de lingua galega, na parte de oralidade. 
Agardamos que a actividade lles pareza de interese e animen e axuden aos seus fillos/fillas a participar nela. 
Grazas de antemán e un saúdo.
 
Poden consultar esta información tamén a través da nova de Radio Redondela, onde entrevistan á coordinadora do proxecto, Olga Nogueira.
Ligazón: https://www.radioredondela.com/2023/02/21/os-institutos-unense-para-promover-o-uso-do-galego-unha-semanina-enteira/

 

Convocatoria de RESERVA de prazas para alumnado de nova incorporación, procedente de centros adscritos. Para outro alumnado (ADMISiÓN) o prazo será de 1 ao 20 de marzo

Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos e de admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

Solicitude de Reserva

Prazo aberto: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro

Páxina de enlace á aplicación informática:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1.  Cubrir a solicitude informaticamente (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú. Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
2.  Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:   
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú. Solicitudes --> Admisión --> Crear. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.  
    IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
3.  Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende as seguintes ligazóns os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro:

- RESERVA.

- ADMISIÓN.

 

Normativa e manuais: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

Para acceder ás prazas vacantes para o próximo curso escolar 23-24 poden pinchar na seguinte ligazón:

Prazas vacantes curso 23-24

 

As receitas do Mendiño. Receitas de inverno

Un ano máis, o Departamento de Lingua Galega, coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística e da Bibloteca do do IES Mendiño, achégamosvos a selección das receitas da tempada, neste caso o inverno. Neste nova edición do caderno gastronómico participan membros da nosa comunidade educativa, ás que agradecemos o tempo dedicado. Agora somos nós quen temos que pór en práctica estas receitas e sorprender ás persoas máis achegadas. Bo Nadal!

Lecturas recomendadas para o Nadal

GIF de luces navideñas - Iluminación navideña animada

Despois de un longo trimestre, chegamos ás merecidas vacacións, e que mellor que desfrutar do Nadal cun bo libro. Desde o equipo de biblioteca, achégannos  unha listaxe de libros recomendados por niveles para o Nadal. Que disfrutedes das merecidas vacacións cun libro na man.

Listaxe recomendada de libros para o Nadal

BO NADAL

 AnimatedGIFsFantasybookoflife_thumb[2].gif (930×629) | Beautiful gif,  Animated images, Animated gif                                         Cos mellores desexos. – Pontecesures net

 

 

Premio no Certame de Relato Curto en Lugo

Parabéns para a nosa alumna de 2º de Bacharelato Julia Amoedo Méndez polo seu 2º premio ao participar no Certame de Relato Curto, organizado pola Asociación Cultural Arumes (Lugo).
A comunidade do IES Mendiño séntese moi orgullosa do éxio obtido pola nosa alumna. E agardamos que este non sexa máis que o primeiro de moitos máis!

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut