Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Outubro: día das escritoras

Outubro: Día das escritoras

Mantemos este espazo, inaugurado en outubro do 2021 para publicar aquí todas as nosas actividades dende a Biblioteca Escolar para celebrar esta data, que xa podemos declarar como fixa no noso centro.

 

Día das Escritoras 2023:

 

 

O pracer, a ledicia e o riso das mulleres” 

Este 16 de outubro imos rir e falar do pracer. Porque o riso e a ledicia son transgresoras en sociedades que aínda esixen das mulleres un certo recollemento e modestia. Porque para esta 8ª edición, o tema elixido é O pracer, a ledicia e o riso das mulleres, en torno aos que xira a selección de textos e as autoras escollidos polas profesoras para traballar nas aulas.

Velaquí unha selección de libros que fixemos as tres bibliotecarias: 

E velaquí na Internet unha lista de recomendacións de literatura con moito humor de autoría tamén feminina:

10 libros divertidos e feministas

 

As escritorAs nas nosas aulas:

Marica Campo

María A Balteira

Sés

Dulce María Loynaz

LC 2ºESO

Concepción Arenal

E.Pardo Bazán

Carmen Laforet

Día das Escritoras 2022: “Antes, durante e despois das guerras


Les marguerites fleuriront ce soir (as margaridas abrirán esta noite), óleo sobre lenzo de Jeffrey W. Bass.

Celebramos de novo o Día das Escritoras, que este ano vai pola súa séptima edición. Esta celebración, que se organiza dende 2015 pola BNE está comisariada este ano pola escritora Carmen Domingo, baixo o tema “Antes, durante e despois das guerras”. Dende a BNE propóñennos, entre outras actividades, a lectura e interpretación de textos de mulleres determinantes para entender a nosa historia contemporánea.

Repositorio de ligazóns interesantes sobre o tema:

 17 Outubro 2022as Escritoras nas aulas

Celebraremos esta data non só o propio luns 17, senón que a facemos extensible ao longo de toda a semana, para cubrir o maior número de materias e grupos.

Nesta edición, e dado a actualidade do tema, "Antes, durante e despois das guerras", traballamos con fragmentos e textos de escritoras españolas recoñecidas como Marina Mayoral, Almudena Grandes, Luz Pozo Garza, Concepción Arenal, Elena Fortún, a iraní Azar Nafisi ou a francesa Agnès Poirier... pero tamén con textos de xornalistas e divulgadoras como Inmaculada Colomina, Montse Fajardo, Andrea Calamari, Mónica G. Álvarez ou as francesas Marie-Aude Bonniel e Cécile Crampon.

Velaquí as actividades preparadas este ano polo equipo de Biblioteca para celebrar esta data nas aulas, o que estendemos dende o propio 17 ata máis aló do 24 de outubro:

Marina Mayoral

Inma Colomina

Luz Pozo Garza

Montse Fajardo

Elena Fortún

Almudena Grandes

Concepción Arenal

Cécile Crampon

Erika Prado

Agnès Poirier

 

Marie-Aude Bonniel

FR - 1º ESO

Cécile Crampon

FR - 2º ESO

Mónica G. Álvarez

Hannah Arendt

Azar Nafisi




De novo celebraremos este día, pero comenzando dende xa cun concurso que organizamos en colaboración coa Librería Chorima e o Concello de Carnota. Podedes ver as bases aquí:

I Concurso Escolar de microrrelatos "Ler as idades da vida" (Día das Escritoras 2021).

Ligazón ao anuncio do Concello de Carnota en Facebook.

Anuncio na web do Concello de Carnota.

O concurso nos medios: O Correo do Barbanza;

Que pasa na Costa

Carteis promocionais: PRIMARIA --- SECUNDARIA Folla de resposta para os relatos

As gañadoras e gañadores do I Concurso de Microrrelatos Día das Escritoras son os seguintes:

Nota: Os textos aquí presentados están tal e como se recibiron, sen correccións engadidas de ningún tipo. Valorouse a inclusión dos elementos obrigados (o comezo "un día...", e as palabras rosa/ rubio, sinalados), a orixinalidade e a calidade dos relatos en si.

Categoría A (1º, 2º e 3º de Ed. Primaria)

“Un día a trinta ves que cumplia sete anos pensei que desta ves me gustaria ter un dragón rubio de mascota. Tiña que atopalo porque pronto seria de novo un bebé. A vida e así: eres bebé, neno, adolescente, adulto e vello e volta para atrás asta que eres bebé de pel rosa outra ves. Desta volta quero que me acompañe un dragón.”

MARTIÑO BEIRO VÁZQUEZ.

2º Ed. Primaria, CEIP Plurilingüe de Carnota

Debuxo de Michael Koch, 1974. CC BY-SA 4.0

Fonte: https://commons.wikimedia.org

Categoría B (4º, 5º e 6º de Ed. Primaria)

Título: A vida de Manolo

Un día de primavera o meu veciño, Manolo o “rubio”, estaba sentado á sombra dun carballo. Senteime con el e contoume a historia da súa vida.

Manolo, era moi maior, naceu cando había guerra. A súa familia, como case todo o mundo, pasou algo de fame, non tiña xoguetes. Dende moi pequeno tiña que traballar.

Cando era adolescente emigrou á Arxentina onde o pasou moi mal, non coñecía a ninguén. Encontrou un bo traballo, empezou a gañar cartos e viña moitas veces á súa casa. Anos despois coñeceu a Rosa, a súa muller, coa que tivo tres fillos. Agora que é moi maior, ven vivir a Galicia

Manolo díxome que o mellor da vida e ser feliz.”

PAULA LAGO TRILLO

4º Ed. Primaria, CEIP Plurilingüe de Carnota

Categoría C (1º e 2º da ESO)

Título: Eu

Un día todo vai cambiar... Eu son Raúl un neno do montón. Hoxe fun ao instituto. Cheguei a casa e ao mirarme ao espello, era un adulto, que ían pensar todos?

Nadie nota nada raro en min, así que fun mirarme ao espello, seguía sendo un adulto. Solo eu me vía así. Xa é venres, fun a clase e exactamente, nadie me vía raro. Mireime ao espello do baño e seguía sendo un adulto. Ao chegar a casa todo era xigante! Mireime no espello e era un bebé cun gorro rosa e melena rubia. Xa é luns, madruguei e fun ao instituto. Non salín de casa e sigo sendo un bebé. Paseime todo o fin de semana encerrado para que esto parara. Ao chegar á casa do instituto mireime no espello e era un ancián. Empezo a pensar que esta casa esconde algo.

Pero sorpréndeme que o fin de semana non cambiara e seguira sendo un bebé. E o máis raro, que solo eu me vexo así. Pode ser verdade iso de que a idade está na mente.”

RAÚL PARÍS NOVO. 2º ESO

IES Lamas de Castelo.

Categoría D (3º e 4º da ESO)

Título: A vida nun instante

“Un día verás toda a túa vida ante os teus ollos. Verás o teu cabelo rubio de cando eras bebé e a bicicleta que rompiches de neno. Recordarás os teus estudos e regaños da adolescencia. Sentirás as esperanzas que tiñas de envellecer, mirar atrás e quedar satisfeito. No momento que tes unhas pistola fronte á túa cabeza daraste conta das decepcións e maldades que causaches. Era entón, nesa hora, nese momento que me dei conta daquilo... era o vilán da historia. Esqueceríanme e quedaría sen unha rosa nin un sollozo ante a miña tumba. E non tiña a ninguén a quen culpar, excepto a min.”

Mª JOSÉ KIERNAN PITA DA VEIGA

3ºESO, IES Lamas de Castelo.

Noticia sobre o fallo do concurso en Que Pasa Na Costa.

Dende a organización, desexamos agradecer a participación a todo o alumnado e aos centros.

Parabéns ás gañadoras e gañadores!!

 

 

O Día das Escritoras nas aulas:

A Biblioteca Nacional de España celebra a sexta edición do Día das Escritoras, unha iniciativa que a BNE organiza en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Ejecutivas, Profesionales e Empresarias (FEDEPEe coa Asociación Clásicas e Modernas co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.Nesta sexta edición, o tema elixido é Ler as idades da vida, en torno ao cal xira boa parte dos textos e as autoras.

Desde a Biblioteca Escolar homenaxeamos este 18 de outubro 2021 (e toda a semana) a estas autoras:

Xela Arias


Emma Pedreira

Rosa Aneiros

Marilar Aleixandre:

Rosa Montero

Anisia Miranda

Natalia Sanmartín


 

Gabriela Mistral

LC

Deborah García Bello

Laura Nsafou

 

Mary Beard

Latín

 

 

 

O Día das Escritoras na Biblioteca escolar:

Ademais, para celebrar esta data, encargamos os seguintes títulos de autorAS, que contribuirán á ampliación e diversificación dos nosos fondos (chegarán próximamente, se non o fixeron xa):


Este libro, de Selene M. Pascual é un orixinal e interesante conto alegórico sobre os demos internos, a depresión e a saúde mental.

"Uno apenas mide un palmo y no parece peligroso. Dos es enorme y pesa una tonelada. Tres tiene los ojos amarillos. Cuatro una larga cola con anillos de colores. Cinco es especialista en susurrar al oído. Seis no deja de llorar. Siete parece pequeñito, pero puede hacerse grande como una bombilla. Grande como una pelota de fútbol. Grande como..." Ed. Nube de tinta, 2021. Ler máis.


Un conto da estradense Natalia Sanmartín. Ed. Planeta, 2021.

«Mi madre creía en las hadas y en los dragones, decía que creía en todos esos seres legendarios que la memoria de los hombres no recuerda ya. No es que estuviese segura del todo. No creía en las hadas del mismo modo en que creía en Dios, en la Virgen o en los santos. Solo decía que podían haber existido cuando el mundo apenas estaba en pañales...».


Reedición deste cómic de Mariko Tamaki, na ed. Hidra/Medusa.

"Kara Danvers es superfuerte. Puede volar. Aterrizó en la Tierra montada en una nave espacial. Pero ganar su próxima carrera, celebrar su decimosexto cumpleaños y sobrevivir a su última mega espinilla son sus mayores preocupaciones. Y con ayuda de sus mejores amigas y sus afectuosos padres adoptivos, quizá pueda dejar atrás por fin esos extraños sueños que parecen recuerdos fragmentarios de otro mundo..."


Madame Maravilla tiene respuestas para todo. Eds. Urano, 2021.

"¿Alguien hace un comentario fuera de lugar y te pones roja de vergüenza? ¿Te hablan mal y la ira te deja sin palabras? ¡Ya es suficiente! A veces nos quedamos paralizadas por este tipo de confrontaciones y no somos capaces de reaccionar. La buena noticia es que la capacidad de réplica se puede aprender."


Un libro de Donna Denomme, unha muller que coñeceu graves abusos na súa infancia, e que con este libro nos mostra que é posible levantarse, dar un xiro positivo á vida e aínda mellor, axudar aos demais a atopar o camiño.

"La autora compara nuestro cuerpo con el caparazón de una tortuga, en cuyo interior existe un lugar de seguridad, confianza y paz, y nos enseña que siempre debemos seguir adelante y superar los obstáculos, al igual que las tortugas, que avanzan con paso lento pero firme." Ed. Books4pocket, 2021. Ver máis (vídeo).


A lóxica como escudo nunha sociedade ilóxica. Eugenia Cheng nos mostra como as matemáticas e a lóxica nos poden axudar a ver as cousas dun modo máis claro.

"¿Verdad que sería útil que todos pudiéramos pensar de manera más clara? ¿Que pudiéramos distinguir entre realidad y ficción, entre verdad y mentira? El mundo está atestado de discusiones horribles, conflictos, divisiones, fake news, victimismos, explotaciones, prejuicios, fanatismos, culpabilidad, gritos y una limitada capacidad de concentración. Cuando el meme de un gato capta más atención que un asesinato, ¿significa que la lógica ha muerto?" Ed. Blackie Books, 2021.


Un libro da serie Olympia, da coñecida ximnasta artística Almudena Cid. Ed. Alfaguara.

"Olympia es una chica muy especial,y es que tiene un sueño por el que luchará más allá de lo imposible: Olympia quiere ser gimnasta olímpica...""


Maneras de irse, de Sònia Hernández. Acantilado, 2021.

"Este volumen reúne trece relatos que nos hablan de las diversas formas de la pérdida, la que acaece con el paso de los años, la muerte de los seres queridos o la sensación de extrañamiento del mundo. Todos ellos son distintas expresiones de la sensibilidad que empuja constantemente a la narradora a la escritura, y a su vez homenajes íntimos a personas que perviven en su memoria o a lugares a los que la añoranza le permite volver." Ler máis


Mujeres del alma mía, de Isabel Allende. Debolsillo, 2021.

"Isabel Allende bucea en su memoria y nos ofrece un emocionante libro sobre su relación con el feminismo y el hecho de ser mujer... En Mujeres del alma mía la gran autora chilena nos invita a acompañarla en este viaje personal y emocional donde repasa su vinculación con el feminismo desde la infancia hasta hoy." Ler máis.

Traballos sobre o Día das Escritoras:

Estes son algúns dos traballos feitos polo alumnado de ITI para a ocasión.

 
162.47 KB
 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslamascastelo/system/files/Dia%20escritoras%202021-E%20Poniatowska.pdf
131.31 KB
 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslamascastelo/system/files/18-O%20D%C3%ADa%20Escritoras-ITI1%C2%BA.pdf
177.39 KB

 

Día das Escritoras 2020

 

Biblioteca Nacional de España celebra a quinta edición do Día das Escritoras, unha iniciativa que a BNE organiza en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Ejecutivas, Profesionales e Empresarias (FEDEPE) y coa Asociación Clásicas e Modernas co obxectivo de reivindicar a labor e o legado das escritoras ao longo da historia. 

Este ano celebramos por vez primeira no noso centro o Día das Escritoras, que será o vindeiro luns 19 de outubro. Unímonos así á iniciativa da BNE e secundada polas Bibliotecas Escolares galegas, preparando para a ocasión unha serie de textos de escritoras diversas que serán lidos e traballados dende varias materias e departamentos didácticos.

Nesta quinta edición, o tema elixido é O esforzo cotián das mulleres, e nalgunha das actividades preparadas dende o Equipo de Biblioteca, ceñímonos máis estreitamente a esta temática, aínda que noutras, por necesidades de axustarnos aos temarios das materias, demos preferencia ao coñecemento a través da lectura das escritoras propostas. Velaquí a lista das nosas homenaxeadas: 



Na aula:

 

 

 

Do Día das Escritoras ao Día das Bibliotecas (24 outubro)

– O peso da representación feminina nos libros

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 

Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares, 24 de outubro, Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas.

Este ano, dende o Equipo de Biblioteca do noso centro, imos continuar a celebración da figura da muller no mundo do libro, estendendo o Día das Escritoras ata a semana do 24 de outubro, Día das Bibliotecas, fusionando coñecemento da biblioteca escolar, formación de usuarios e toma de conciencia do papel das escritoras nela.

Para iso, e dende as materias de ITI e V. Éticos, estamos a facer o reconto pormenorizado de todos os fondos da nosa biblioteca, (ver ficha) desglosando entre autores (homes) e autoras (mulleres), coa fin de obter unhas estatísticas dos materiais dos nosos andeis que se poderán contrastar coas do Ministerio de Cultura e Deporte (Estadística de la Edición Española de Libros con ISBN), para afondar na nosa análise e reflexión sobre a representación feminina na nosa biblioteca. (E, por extensión, no mundo do libro e da cultura, en xeral).

Animamos dende esta perspectiva á revisión das porcentaxes de escritores e escritoras dos listados de lecturas das materias de LC, LG e LF coas xefas de departamento, e...          podemos asegurar que o abismo presentouse claro, en maior ou menor medida. De ahí a tomar cartas no asunto, todo vai unido... polo que continuaremos ao longo de todo o curso visualizando ás escritoras, e levando a cabo (a situación así o esixe) unha política de discriminación positiva, a fin de reequilibrar un pouco a balanza.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut