Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40

Taboleiro

Modificación do horario xeral do centro

O horario xeral do centro cambiará a partir do 9 de xaneiro de 2014 (data de reinicio das clases) da maneira seguinte:

  • Hora de entrada: 8:40

  • Hora de saída: 14:10

Con esta modificación recupéranse os cinco minutos que, desde a creación do centro, e por motivos alleos a nós, se viñan subtraíndo das dúas últimas clases da mañá. Os horarios das clases pasan a ser os seguintes:

1ª hora

  8:40 -   9:30

2ª hora

  9:30 - 10:20

3ª hora

10:20 - 11:10

Recreo

11:10 - 11:40

4ª hora

11:40 - 12:30

5ª hora

12:30 - 13:20

6ª hora

13:20 - 14:10

O horario da tarde do luns non se ve modificado. Os autobuses adaptarán os seus itinerarios de maneira que pasen polas paradas cinco minutos antes do que o fan agora para a entrada e cinco minutos máis tarde para a saída.

Hai que ter en conta esta modificación á hora de pedir cita para falar cos titores ou o profesorado ou para calquera outra xestión que se necesite realizar no centro.

Días non lectivos do centro para o curso 2013/14

O Consello Escolar do IES Lamas de Castelo, reunido o 28 de outubro, propuxo como días non lectivos do centro para o curso 2013/14 os dous seguintes:

  • Luns, 9 de decembro de 2013
  • Venres, 2 de maio de 2014

Próximos días non lectivos e festivos

O xoves 31 de outubro é o Día do Ensino e non é lectivo e o venres 1 de novembro é festivo, polo que esta semana só terá tres días lectivos.

21 de outubro: Alerta por fenómeno meteorolóxico adverso

A Axencia Estatal de Meteoroloxía Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, durante o día 21 de outubro de 2013, por FORTES RACHAS DE VENTO que afectarán ao oeste e suroeste da Coruña.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou a SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolar situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica do Oeste e Suroeste a provincia da Coruña, con seguemento das condicións climáticas

As actividades lectivas realizaranse con normalidade, mais pregámoslles que permanezan atentos á información meteorolóxica subministrada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org), desta páxina web ou á que poidamos enviar aos teléfonos móbiles.

Para o nivel laranxa nas alertas por refacho de vento, Meteogalicia aconsella:

  • Limitar os desprazamentos e informarse antes de saír
  • Ter coidado coas caídas de árbores ou outros obxectos
  • Non subir aos tellados
  • Asegurar calquera obxecto exposto ao vento

Inicio do curso 2013/14

As actividades lectivas comezan o luns 16 ás 12:00 coa presentación dos grupos por parte dos titores. Haberá servizo de autobuses, que recollerá o alumnado coa antelación habitual e o levará de volta ás súas paradas ás 13:00.

Exames de setembro - 2013

  • Entrega de notas: Venres 6 de 10:00 a 10:30 na xefatura de estudos.
  • Prazo de reclamacións: até o martes 10 ás 10:00.
  • Devolución de libros de texto prestados: até o martes 10 ás 10:00.
  • Matrícula extraordinaria de setembro: até o martes 10.

Libros de texto e materiais curriculares para o curso 2013/14

Libros de texto e materiais curriculares para 1º de ESO · 2º de ESO · 3º de ESO · 4º de ESO · 4º de ESO (PDC)

Neste documento explicativo resúmese a información máis relevante para orientar á hora de formalizar as solicitudes oficiais de axuda. Ademais destas axudas, o IES Lamas de Castelo prestará algúns libros de texto para determinadas materias nas que aínda se poden reutilizar os que se compraran na época na que os libros de texto eran adquiridos polos centros; a información sobre estes libros darase a comezos de curso en cada materia.

Para as axudas oficiais, poden consultar a Orde que as regula e descargar aquí o anexo de solicitude. Facilitámoslles un resumo explicativo.

Fin de curso 2012/13

  • 21 de xuño - Remate das clases
    • Para algunhas materias prestáronse os libros de texto a principios de curso. Este día tenos que devolver o alumnado que aprobase esas materias en xuño.
  • 25 de 10:00 a 10:30. - Entrega das notas
    • Non hai transporte escolar. As notas entregaranse na aula da titoría; as que non se recollan nese horario enviaranse por correo ese mesmo día.
  • 26 e 27 - Período de reclamacións (até as 10:00 do día 27)
  • 28 - Resolución das reclamacións

Durante o mes de xuño, despois do remate das clases, o horario de secretaría será de 9h a 14h. En xullo será de 10h a 13h.

Xornadas Culturais 2013 e Día das Letras

As xornadas culturais deste ano realízanse os tres días da Semana das Letras: luns 13, martes 14 e mércores 15 (o xoves 16 é non lectivo no IES Lamas de Castelo). O programa, que é moi intenso e ocupa o horario completo destes tres días, é diferente para cada un dos cursos.

Distribuir contido

by Dr. Radut