Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Taboleiro

Curso 2010/11 - Exames de setembro

Este é o calendario de exames da proba extraordinaria de setembro.Calendario

Entrega de notas: Xoves 8 a partir das 10:00.

Prazo de reclamacións: Até o luns 12 ás 10:00.

Matrícula para o curso 2011/12

Prazos

  • Ordinario (para o alumnado que aprobe todo en xuño): do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Extraordinario (para o alumnado que non se matriculase en xuño): do 1 ao 12 de setembro.

Requisitos

Todo o alumnado

  • Solicitude de matrícula (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envióuselle por correo o 20 de xuño; tamén é válida para matricularse en setembro, polo que recomendamos que a garden até entón, de ser o caso.
  • Permiso de imaxe de menores (na Secretaría do centro ou aquí)
    • Ao alumnado do centro envióuselle por correo o 20 de xuño.
  • Non se precisa foto. Facémola no centro no momento da matrícula.

1º de ESO

  • DNI
  • Tarxeta sanitaria
  • Libro de familia

3º e 4º de ESO

  • 1,12 euros para o seguro escolar

Materiais curriculares para o curso 2011/12

Estas son as listas de materiais requiridos para o curso 2011/12:

Materiais para: · 1º de ESO · 2º de ESO · 3º de ESO · 4º de ESO · 4º de ESO (PDC)

Este ano existen tres programas de axuda diferentes, con obxectivos diferentes e convocatorias diferentes. Neste documento explicativo tentamos resumir a información máis relevante para orientar á hora de formalizar as solicitudes. Tamén informamos dunha axuda mediante préstamo que decidimos ofrecer desde o propio instituto.

Fin de curso 2010/11

Este é o calendario de fin de curso:

  • 23 de xuño - Remate das clases
  • 27 ás 10 h. - Entrega das notas (non hai transporte escolar)
  • 27 e 28 - Período de reclamacións
  • 29 - Resolución das reclamacións

Durante o resto do mes de xuño, o horario de secretaría será de 9 a 14h.

16 e 17 de maio

O martes 17 de maio, Día das Letras, é festivo oficial, e o luns 16 foi escollido polo IES Lamas de Castelo como día non lectivo.

Avaliación de diagnóstico - 2011

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), prevé a realización dunha avaliación de diagnóstico que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos. Pola súa parte, o Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, determina a realización deste proceso avaliativo. Esta avaliación versa sobre as competencias básicas do alumnado e debe dar lugar a compromisos de revisión e mellora a partir dos resultados que dela se obteñan.

A finalidade da avaliación de diagnóstico é contribuír a determinar o nivel de desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, de cara a promover accións de mellora do sistema educativo. En consecuencia, a avaliación diagnóstica será formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias e o conxunto da comunidade educativa. Así mesmo, carecerá de efectos académicos para o alumnado.

Esta proba ten lugar en todos os centros educativos da comunidade autónoma que imparten ensinanzas correspondentes a cuarto curso de educación primaria e segundo curso de educación secundaria obrigatoria e debe ser realizada por todo o alumnado destes niveis.

Curso 2010/11

Horario

As probas da avaliación correspondente a este curso terán lugar os días 11 e 12 de maio. As competencias básicas obxecto de avaliación serán a competencia en comunicación lingüística, a competencia matemática e a competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. O alumnado que realizará a proba será o que está a cursar 2º de ESO. 

As familias recibirán tamén un cuestionario de carácter confidencial que deberán entregar antes do día 18.

Avaliación de diagnóstico 2011Os centros educativos, con base na información contida nos informes de resultados, serán os encargados de informar as familias do resultado destas probas, que inclúen a media global da comunidade en cada unha das competencias avaliadas, xunto coa puntuación acadada polo centro. Ademais, achegarase información sobre a puntuación obtida en relación cos demais centros das súas características segundo o seu índice de desenvolvemento socioeconómico e cultural. En ningún caso se dará información desagregada por grupo ou alumnado individualmente.

 

Xornadas culturais 2011

As xornadas culturais deste ano celébranse entre o 2 e o 6 de maio. Están inzadas de actividades moi variadas e inclúen, para 3º e 4º, dous días de intercambio co IES Pintor Colmeiro de Silleda. Hai que ter en conta o seguinte: cada actividade ten un horario específico, polo que non vai coincidir o horario de todos os cursos e mesmo os recreos variarán de hora e de duración. Cando no horario non conste unha actividade é porque hai clase normal. Este é o programa de actividades para todos os cursos.

Excursión de fin da ESO - 2011

O alumnado de 4º de ESO vai de viaxe a Berlín do 10 ao 14 de abril. Este é o caderno de viaxe que levarán.

Concerto pro excursión de 4º - Luns 4 de abril

O luns 4 de abril a partir das 19:00 haberá un concerto para recadar fondos para a excursión de fin de etapa, que este ano será Berlin os días 10 a 14 de abril. Este concerto está organizado en colaboración coa Escola Municipal de Música de Carnota. Celebrarase no salón de plenos do Concello de Carnota, a aportación será de 3 euros (menores de 12, gratis) e tamén se sorteará unha cesta chea de sorpresas.

Segunda avaliación

As reunións da 2ª avaliación son o xoves 31 de marzo; as notas entréganse o luns 4 de abril.

No Espazo Abalar pódense consultar as cualificacións do alumnado de 1º da ESO.

Actividades de formación en linguas estranxeiras

Publicouse a orde do 8 de marzo de 2011 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011.

Distribuir contido


by Dr. Radut