Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Avaliación de diagnóstico - 2011

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), prevé a realización dunha avaliación de diagnóstico que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos. Pola súa parte, o Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, determina a realización deste proceso avaliativo. Esta avaliación versa sobre as competencias básicas do alumnado e debe dar lugar a compromisos de revisión e mellora a partir dos resultados que dela se obteñan.

A finalidade da avaliación de diagnóstico é contribuír a determinar o nivel de desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, de cara a promover accións de mellora do sistema educativo. En consecuencia, a avaliación diagnóstica será formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias e o conxunto da comunidade educativa. Así mesmo, carecerá de efectos académicos para o alumnado.

Esta proba ten lugar en todos os centros educativos da comunidade autónoma que imparten ensinanzas correspondentes a cuarto curso de educación primaria e segundo curso de educación secundaria obrigatoria e debe ser realizada por todo o alumnado destes niveis.

Curso 2010/11

Horario

As probas da avaliación correspondente a este curso terán lugar os días 11 e 12 de maio. As competencias básicas obxecto de avaliación serán a competencia en comunicación lingüística, a competencia matemática e a competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. O alumnado que realizará a proba será o que está a cursar 2º de ESO. 

As familias recibirán tamén un cuestionario de carácter confidencial que deberán entregar antes do día 18.

Avaliación de diagnóstico 2011Os centros educativos, con base na información contida nos informes de resultados, serán os encargados de informar as familias do resultado destas probas, que inclúen a media global da comunidade en cada unha das competencias avaliadas, xunto coa puntuación acadada polo centro. Ademais, achegarase información sobre a puntuación obtida en relación cos demais centros das súas características segundo o seu índice de desenvolvemento socioeconómico e cultural. En ningún caso se dará información desagregada por grupo ou alumnado individualmente.

 



page | by Dr. Radut