Ciclos

Visita ao centro de día Atalaia

O pasado día 15 de marzo, o 2º curso de FPB realizou unha visita ao Centro de día Atalaia (centro ubicado a escasos metros do noso instituto). A visita encadrouse dentro dos actos do 8 de marzo, deste xeito coñecimos de primeira man as historias das mulleres usuarias do centro. Estas mulleres compartiron con nós distintos aspectos da súa vida: profesións, afamilias, a súa infancia. Foron historias motivadoras e inspiradoras. Ademáis coñecimos a importante labor das traballadoras do centro. Unha visita chea de emoción e tenrura, tanto para os residentes como para o alumnado e profesorado. Agradecemos o Centro Atalaia a súa acollida e agardabamos poder seguir a colaborar noutros proxectos. Grazas!

Charla sobre consumo responsable

O pasado venres día 17 de marzo, o alumnado de 1º curso dos grupos dos ciclos formativos de Comercio (Actividades Comerciais, Comercio Internacional, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, Servizos Comerciais) e Educación Física (Acondicionamento Físico), asistiu a unha charla sobre consumo responsable grazas a colaboración do Instituto Galego de Consumo. Dende o IES A Guía queremos agradecerlle a dito organismo, e especialmente á conferenciante Belén a súa colaboración na formación do noso alumnado. Grazas!

consumo

consumo2

Charla sobre o emprendemento empresarial

O pasado día 28 de Febreiro, estivo no IES A Guía Andrea, da tenda Minimonstros (Navia) para explicar a súa experiencia como emprendedora. A charla asistiu o alumnado do 2º curso de varios ciclos formativos (Actividades Comerciais, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e Servizos Comerciais). Andrea explicoulle ao noso alumnado como foran os primeiros pasos, recalcando que a experiencia laboral non é tan importante á hora de emprender, o que prima é a motivación. Dende o IES A Guía agradecemos a colaboración de Andrea na formación do noso alumnado. Grazas!

emprendedora

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer