Historia

Resumo da historia do centro

Datos, datas e edificios: preme aquí

Profesores célebres: preme aquí

Alumnos/as famosos: preme aquí

EN LEMBRANZA DO PROFESOR ANGEL TORRADO


Reclamo humildemente espazo nesta páxina para homenaxear a o meu compañeiro Pipo e para aliviar a mágoa que me orixinou o seu pasamento.

Non son quen de loubar comportamentos, mais sí quero destacar dous riscos do meu amigo e compañeiro que son, coido, esenciais na profesión docente: en primeiro lugar o seu profundo sentido da igualdade. Sempre vin nel o mesmo trato para con todas as persoas coas que se relacionaba profesionalmente; a dignidade das súas formas, a cordial corrección do seu trato, era a mesma para con alumnos, autoridades, país, compañeiros etc. Era a sinxela e elegante expresión, por vía de feito, do seu, ao meu ver, sentido humanismo.

Outra foi o seu compromiso coa formación persoal dos alumnos e alumnas, que exercitaba “ensinando co exemplo” , e que se manifestaba, entre outras cousas, na súa afectuosidade. Non era esta só producto espontáneo do seu bo carácter, senon, eu percibía, necesaria consecuencia da súa implicación como profesor.
Como un recoñecemento a estes aspectos esenciais, quixen ver eu a pena que amosaban os numerosos alumnos e alumnas que asistiron á súa ceremonia fúnebre.
Pretendo dicir que había en Pipo, no que Pipo facía, algo que sería desexable interiorizar para calquera , que sería bo que formara parte das nosas entrañas; é nese sentido no que quero dicir que Pipo resultaba entrañable.

Estas razóns, e moitas outras, quizás sexan as causas polas que Pipo, co seu discreto pasar, e a súa humilde honestidade, gozaba de unánime afecto e respeto en toda a comunidade educativa.
Tal vez un tópico mereza esta denominación porque é a forma perfecta na que encaixa un sentimento ou situación. Neste caso, decir que a perda de Pipo é para min unha perda irreparable, é a máis exacta maneira de expresar o que sinto.

Pipo, meu

Carmen Taboada

Benvidos

 

Esta é a nova páxina do IES A Guía.

[Enlace á web antiga]