Skip to Content

NOVAS

Cursos formación Erasmus + profesorado

En febreiro de 2023 o IES Félix Muriel acreditouse como Centro Erasmus+ tanto para a modalidade de escolar (SCH) como de Formación Profesional (VET).
Isto permítenos que tanto o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e/ou Bacharelato como o profesorado de Formación profesional do IES poida solicitar a súa participación nun curso de formación no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus.

O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende hoxe ata o 12 de decembro, ao correo ies.felix.muriel@edu.xunta.gal  indicando no asunto “Mobilidade Erasmus+”, ou a través da secretaría do IES.

Nos documentos anexos dispoñedes de toda a información.


Animádevos a participar, é unha experiencia realmente enriquecedora.

Participación nunha aprendizaxe por observación (Job Shadowing) de profesorado

En febreiro de 2023 o IES Félix Muriel acreditouse como Centro Erasmus+ tanto para a modalidade de escolar (SCH) como de Formación Profesional (VET).
Isto permítenos que tanto o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e/ou Bacharelato como o profesorado de Formación profesional do IES poida solicitar a súa participación nunha aprendizaxe por observación (job shadowing) no estranxeiro co financiamento do programa Erasmus.

O prazo de presentación das solicitudes e documentos será dende hoxe ata o 12 de decembro, ao correo ies.felix.muriel@edu.xunta.gal  indicando no asunto “Mobilidade Erasmus+”, ou a través da secretaría do IES.

A información completa e mais os formularios de solicitude están ao voso dispor nos anexos.


Animádevos a participar, é unha experiencia realmente enriquecedora.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022 - 2023

Achégase a listaxe de libros do curso 2022 - 2023.

 Téñanse en conta a informació daqueles libros marcados con asterisco (*).

 

COMEZO CURSO 2022 - 2023

Infórmase de que o día 9 de setembro todo o alumnado asistirá ao centro no horario habitual, de 8:30 e 14:10 horas.

Clases en horario habitual

    • Mañá do luns: 8:30 a 14:10 horas (ESO, Bacharelato e Ciclos).
    • Tarde do luns: 16:20 a 18:00 horas (ESO, Bacharelato e Ciclos)
    • Mañá de martes, mércores, xoves e venres: 8:30 a 14:10 (ESO e Bacharelato) // 8:30 a 15:00 (Ciclo)

Un saúdo e bo comezo de curso

O Consello da Cultura presenta "Activistas da lingua no IES Félix Muriel de Rianxo"

 

MONTE VIVO PRECISA UN LOGO!

Convócase un corcurso, para todo o alumnado do centro, co obxectivo de escoller a imaxe representativa do proxecto Monte Vivo.

Podes descargar o cartaz coas bases (arquivo adxunto)

Distribuir contido


by Dr. Radut