Skip to Content

NOVAS

Probas extraordinarias da ABAU

Achégase toda a información relativa á matrícula das probas extraordinarias da ABAU.

 

O prazo para a matrícula anticipada é do 27 de xuño ao 1 de xullo. Esta debe realizarse a través do NERTA.

 

 

 

Matrícula ESO e BAC para o curso 2022-2023

27/06/2022 10:00
01/07/2022 14:00
Europe/Madrid

A matrícula na ESO e en Bacharelato para o curso 2022-2023 realizarase nos días que se indican a continuación:

 

  • 1º ESO: 27 de xuño
  • 2º ESO: 28 de xuño
  • 3º ESO: 29 de xuño
  • 4º ESO: 29 de xuño
  • Bacharelato: 30 de xuño e 1 de xullo.

 

O día 23 estarán en Conserxería os sobres de matrícula nos cales se indica toda a documentación que deben achegar no momento de formalizar a matrícula.

Deixamos ao seu dispor a folla de matrícula correspondente a cada curso.

Así mesmo, co fin de favorecer a escolla de materias, poden acceder ao apartado Oferta Educativa, onde teñen ao seu dispor as materias que se cursan en cada nivel e as optativas que poden escoller, con información relativa a algunhas das materias.

Reclamacións ESO e Bacharelato

27/06/2022
Europe/Madrid

Achéganse os modelos de reclamación para as cualificacións da avaliación final -ESO, Bacharelato- e/ou extraordinaria -só Bacharelato- nos prazos pertinentes.

 

 

Probas extraordinarias BACHARELATO

20/06/2022 08:30
22/06/2022 14:30
Europe/Madrid

Achégase o horario das probas extraordinarias de 1º e 2º de Bacharelato, as cales terán lugar entre o día 20 e 22 de xuño de 2022.

Solicitude de axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo de libros

19/05/2022 10:02
22/06/2022 10:02
Europe/Madrid

A Xunta abre prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso a fondo libros.

O período para presentar solicitudes -preferentemente telemático- permanecerá aberto ata o 22 de xuño.

Curtametraxe "Monte Vivo" finalista dos premios Cineduca

A curta Monte Vivo escollida como finalista dos premios Cineduca do Ateneo de Santigo.

O mércores 18 celebrarase a entrega de premios do certame Cineduca do Ateneo de Santiago. A curta Monte Vivo  foi escollida para a final xunto cos traballos presentados polo IES Rosalía de Castro de Santiago e o Colexio Escolapios de Monforte. As tres curtas proxectaranse no Teatro Principal a partir das 19h no acto de entrega de premios. Noraboa ao alumnado e profesorado participante e ao proxecto de Biocultura.

Datas avaliación 2º BAC

Oferta de emprego para os campamentos de verán da Xunta (CMAPSD)

27/04/2022 11:25
05/05/2022 00:00
Europe/Madrid

Oferta de traballo para os campamentos para persoas con discapacidade da Xunta 2022 para persoas entre os 11-14 anos, 15-18 anos, 19-25 anos e 26-50 anos dependendo do lugar e da quenda.

Oferta para persoas con titulación de TAPSD

Premios extraordinarios de Bacharelato

O 25 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311A).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou premendo directamente na seguinte ligazón:(https://sede.xunta.gal).

O Consello da Cultura presenta "Activistas da lingua no IES Félix Muriel de Rianxo"

 

Distribuir contido


by Dr. Radut